CADP: Relación provisional de persoal funcionario e interino/substituto obrigado a participar

Publicado o 07 de xullo de 2022

Publicación das relacións provisionais de persoal docente obrigado a participar e de persoal docente interino e substituto excluído das listas de obrigados na adxudicación de destinos provisionais entre persoal de corpos docentes, curso 2022-23.

  • Prazo para formular reclamacións: do 8 ao 14 de xullo de 2022, ambos incluídos.
  • As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A (solicitude xenérica)
  • No dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 7 DE XULLO DE 2022 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.