A consellería de educación comprométese a negociar un acordo de mantemento de emprego no ensino concertado

Na reunión mantida con UGT e CCOO (mañá reunirase coa CIG), conseguiuse o compromiso de comezar en datas próximas a negociación de un Acordo de Mantemento de Emprego para o ensino concertado.

Hoxe o  director e a subdirectora Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu aos sindicatos UGT e CCOO, tal como   se acordara no peche do día 23.   Mañá recibirá á CIG

Cada unha das organización sindicais trasladámoslle a preocupación pola perda de postos de traballo  como consecuencia do  peche de unidades. Sinalamos as liñas esenciais da proposta de Acordo   que presentamos as tres organizacións sindicais. Espuxemos que esas propostas conteñen os instrumentos necesarios para superar esta situación, trasladar   estabilidade laboral ao sector e contribuír a mellorar a calidade do sistema educativo.  

Atopamos disposición ao diálogo por parte da Consellería de Educación, que se comprometeu a convocar, en datas próximas, a todas as organizacións   para negociar un Acordo de Mantemento de Emprego.

Na reunión co Conselleiro, a vindeira semana, exporémoslle e defenderemos as nosas propostas. Solicitarémoslle un cambio de rumbo respecto aos traballadores e traballadoras do ensino concertado, e convidarémolo a transitar pola vía da negociación e a concertación que leva máis de 12 anos bloqueada. Na mesa de negociación do Acordo, defenderemos sen pexas, complexos nin dependencias os interés de todas as persoas que traballan no ensino concertado.

Nunha primeira fase  CCOO, CIG e UGT fomos capaces de elaborar unha proposta de Acordo unitaria, presentala e lograr que a Consellería de Educación   recibise aos representantes do ensino concertado e se comprometese a negociar un Acordo de Mantemento de Emprego. Entramos agora na segunda fase dun proceso no que confiamos e apostamos por atopar respostas satisfactorias ás nosas demandas. Pero tamén manifestamos que estamos en disposición de  pasar a fases máis reivindicativas se os lexítimos intereses dos traballadores e traballadoras do ensino concertado non fosen atendidos. 

UGT, CCOO e CIG volvemos demostrar eficacia e de que lado estamos na defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras do ensino concertado.