CCOO denuncia que a Consellería de Educación publica a oferta de FP para o curso 2022/23 sen negocialo no Consello Galego de FP

O pasado día 13 de xuño publicouse a oferta de FP para o curso 2022/23 no portal web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade. A oferta conformada por modalidade ordinaria, modular para persoas adultas, a distancia para persoas adultas, dual e cursos de especialización, foi anunciada sen ningún tipo de negoación coas OOSS, o que supón un novo desprezo desta Consellería á negociación cos axentes sociais.

Resulta inadmisible a actitude prepotente e antidemocrática da Consellería de Educación ante unha oferta educativa de suma importancia para o tecido produtivo do país.

CCOO ensino, esixe unha rectificación e a convocatoria urxente do Consello Galego de FP a fin de negociar a oferta final.