XIII convenio colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil

Este 21 de xuño constituíuse a Mesa Negociadora do XIII Convenio Colectivo, no que, unha vez máis, CCOO volve ser o sindicato máis representativo.

Publicado o 21 de xuño de 2022

CCOO

39,93%

FSIE

17,7%

UGT

26,22%

USO

16,15%

 

Desde CCOO explicamos cales han ser os elementos centrais sobre os que debe pivotar a negociación do convenio. Tras anos de precariedade no sector, cuns salarios irrisorios que en absoluto se corresponden coa responsabilidade, formación e tarefas que veñen desenvolvendo as traballadoras, e xunto a unha inflación desbocada, non podemos permitir que o esforzo e o sacrificio volvan recaer sobre as de sempre. É o momento de empezar a negociar as melloras laborais que representen  o inicio da recuperación para miles de traballadoras instaladas na precariedade laboral.

A redución da xornada de traballo e a mellora do poder adquisitivo marcarán as liñas de actuación de CCOO, entre outras moitas cuestións. Froito da implicación da nosa afiliación, estamos en condicións de formular na Mesa de Negociación unha serie de propostas que permiten un recoñecemento digno das tarefas que veñen desenvolvendo as traballadoras do sector. A nosa plataforma reivindicativa entregouse a todas as organizacións patronais e sindicais, e invitouse a estas últimas a adherirse a ela.

CCOO espera un verdadeiro avance das condicións laborais das traballadoras. En liña coa coherencia mostrada na anterior negociación, non aceptaremos en ningún caso unha redacción de convenio que pretenda perpetuar a precariedade nun colectivo severamente castigado nos últimos anos. Ao resto de sindicatos só lles pedimos que amosen unidade e lealdade aos intereses das traballadoras neste proceso que se inicia.

Contra a precariedade, ¡máis CCOO! CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS