Rectificación da Xunta logo das esixencias de CCOO na Mesa Sectorial

Na pasada mesa sectorial (14/06/2022), CCOO Ensino manifestou a súa frontal oposición  ás instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022-23, concretamente, a referencia a convocatoria dun claustro extraordinario antes do 15 de xullo no que se aprobarían os criterios pedagóxicos para a elaboración de horarios do alumnado.

Na nosa intervención advertimos da ilegalidade manifesta que supuña non atender  unha normativa de rango superior,a ORDE do 28 de xuño de 2010 pola que se modifican parcialmente as ordes do 1 de agosto de 1997,  que no seu artigo 88 di:

“Na primeira semana de setembro ou, se as circunstancias organizativas do centro así o requiren, dentro das 48 horas seguintes á finalización do prazo extraordinario de matrícula, a dirección convocará o primeiro claustro do curso no que se aprobarán os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios do alumnado, en cumprimento do establecido no artigo 47 f) do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria”

A negativa a celebración dos claustros en xuño foi común en todas as organizacións sindicais e nós particularmente advertimos que se a consellería seguía contravindo a lexislación, CCOO Ensino acudiría a vía xudicial paralizando a aplicación das instrucións. 

Aparte do conflito normativo que isto suporía, incidimos tamén no absurdo da segmentación do claustro, e a necesidade de repetición en setembro  do mesmo procedemento por mor das provisionalidades e mobilidade dos docentes inherentes ao exercicio da profesión.

Finalmente a administración educativa aceptou as nosas esixencias, modificando o borrador inicial e publicando no DOG unhas instrucións que nas que “os centros docentes realizarán, antes do día 15 de xullo de 2022, unha distribución provisional de materias, ámbitos, cursos, módulos e, se é o caso, quendas para o curso 2022/23 de acordo cos criterios establecidos na lexislación vixente.

Desta forma a elección definitiva de quendas cursos e horarios farase no mes de setembro