Toda a información da Mesa Sectorial de 14/06/2022

Intervención Mesa Sectorial 14 xuño 2022
-
Licenzas formación para o curso 2022/23
-
Solicitamos a recuperación da modalidade de perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior, a través de cursos intensivos de formación en estadías de 1 a 3 meses, que foi ofertada por última vez na convocatoria de 2019.
-
Consideramos a oferta de forma global como insuficiente e propomos un incremento global.
-
Demandamos que se incremente a duración das diferentes modalidades.
-
Reclamamos que se recuperen as licenzas semestrais e incluso anuais.
-
Solicitamos a recuperación do modelo de licenzas de formación que existían anteriormente co obxectivo de mellorar a formación do profesorado permitindo unha maior cualificación académica e profesional.
-
Reclamamos a incorporación de licenzas para rematar estudos universitarios ou a ampliación dos mesmos, nomeadamente para poder facilitar ao profesorado de PTFP a obtención do título de grao que lles permita acceder ao grupo A1.
-
Pedimos que as as licenzas por formación non atendan case en exclusiva aos proxectos vencellados ás TICs.
-
Consideramos, na base segunda, que a concesión dunha licenza non debe estar suxeita á tradución a unha ou varias linguas.
-
Demandamos, na base terceira, que se inclúan docentes como o persoal dos EOEs que non teñen docencia directa.
-
Solicitamos que o requisito de estar en activo nos tres anos anteriores non sexa un requisito excluínte.
-
Consideramos que na comisión de valoración debera ter maior peso do profesorado. Así evitariamos a posible incorporación posterior de asesores na subcomisión técnica.
-
Pedimos que se corrixan os erros nas datas, tanto na modalidade 6, como no relativo ás incompatibilidades. ACEPTADO
-
Esiximos que o prazo de 10 días para presentar a documentación xustificativa se amplíe como mínimo a 1 mes.
-
Demandamos que a concesión da licenza teña as mesmas incompatibilidades que a situación que a actividade na aula, é dicir que a concesión de licenzas sexa incompatible coa realización de calquera outra actividade remunerada pública ou privada, agás as definidas no artigo 19 da Lei 53/1984.
-
Consideramos no baremo que hai que darlle menor peso ao proxecto de traballo. De non modificar esa puntuación propomos incrementar a referida a servizos docentes.
-
Pedimos crear un apartado que puntúe a acreditación do nivel C1 e C2 do MCERL para aqueles proxectos que requiran a elaboración de materiais curriculares plurilingües.
-
Consideramos que a puntuación por fracción de horas en cursos impartidos debe ser superior aos cursos recibidos.
-
Pensamos que os criterios de valoración dos proxectos son demasiado xenéricos e amplos e demandamos que se expliciten algúns items que permitiran unha mellor obxectividade na valoración.
-
Entendemos que non ten sentido que haxa que acadar o 40% en cada unha das liñas de valoración, cando xa está no baremo como requisito chegar a 8 puntos no proxecto.
-
Demandamos que nas modalidades 1 e 2 se concrete con algún ítem que se puntúa na pertinencia do carácter innovador.
A ADMINISTRACIÓN RECOLLE AS APORTACIÓNS REALIZADAS E TRANSMITE QUE VALORARÁ A SÚA INCLUSIÓN NA RESOLUCIÓN QUE CONVOQUE AS LICENZAS
-
Rogos e preguntas
Manifestamos a nosa oposición e esiximos a modificiación das instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022-23, nomeadamente, a referencia a convocatoria dun claustro extraordinario antes do 15 de xullo no que se aprobarán os criterios pedagóxicos para a elaboración de horarios do alumnado. A DIRECTORA XERAL RECOLLE AS APORTACIÓNS E SE COMPROMETE A CONSIDERALAS ANTES DA PUBLICACIÓN EN DOG DAS INSTRUCIÓNS.
-
Solicitamos a eliminación da voluntariedade do período de adaptación en EI de 3 anos que recolle a Orde de Calendario escolar.
-
Solicitamos que a Administración acometa unha actualización da rede de Orientación, creando unha verdadeira rede dinámica, e que se acometa tamén a unha actualización e dotación axeitada Equipos de Orientación Específico.
-
Solicitamos a negociación de criterios de modificación de cadros de persoal e unidades nos centros de infantil e primaria.
-
Esiximos información sobre o Centro Galego de Innovación de FP e do Centro de Innovación Educativa e Dixital, xa que todavía non foron nin sequera publicados en Dog os decretos de creación de ambos centros que pasaron por mesa sectorial en maio de 2021. A DIRECTORA XERAL RESPONDE QUE TIVERON UN IMPORTANTE RETRASO NAS OBRAS DO CENTRO GALEGO DE INNOVACIÓN DE FP POLO QUE ATA POLO MENOS O CURSO 2023/24.
-
Solicitamos que a Consellería volva a publicar a orde de reintegro de gastos de formación.
-
Volvemos a demandar a actualización das indemnizacións por razóns de servizo ao contexto actual de inflación. Nomeadamente os gastos en kilometraxe, que levan en 0,19 euros km dende fai máis 20 anos.
-
Solicitamos información se vai facerse algún curso voluntario sobre a nova aplicación para realizar as programacións didácticas dos cursos onde entra en vixencia a LOMLOE e en que datas. A DIRECTORA XERAL CONCRETA QUE SE VAN A OFERTAR ACTIVIDADES FORMATIVAS VOLUNTARIAS, PERO NON PODE CONCRETAR AÍNDA AS DATAS E VOLVE A RECORDAR QUE HABERÁ UNHA GRAN FLEXIBILIDADE DENDE INSPECCIÓN PARA A ENTREGA DE TALES PROGRAMACIÓNS DOS CURSOS NOS QUE ENTRA A LOMLOE.