O profesorado interino non terá a obriga de presentarse aos procesos selectivos que se desenvolverán en xuño de 2022

No próximo mes de xuño do ano 2022 prevese o comezo do desenvolvemento dos procedementos selectivos de ingreso e acceso a distintos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 31 de xaneiro.

Ao abeiro da lei 20/2021 do 28 de decembro de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, terá lugar unha convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal polo sistema de concurso. Tendo en conta as expectivas dun número importante de interinos de obter praza neste proceso, as catro organizacións sindicais asinantes do acordo interinos (CCOO, ANPE, UGT e CSIF) consideramos razoable asinar unha addenda que permita a permanencia nas listas sen presetarse aos procedementos selectivos do ano 2022 ao persoal interino e substituto.

CCOO, ANPE, UGT e CSIF dirixímonos á Consellería para facer posible dita medida. Por este motivo, imos asinar unha addenda ao Acordo  do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto que transitoriamente deixe sin efecto a obriga de presentarse. Sen esta addenda non sería posible implementar esta medida. 

Esta addenda concretarase nunha disposición transitoria cuarta coa seguinte redacción: 

Disposición transitoria cuarta: O persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoquen no ano 2022.

Como cuestión formal, esta addenda pasará por mesa sectorial o día 1 de xuño de 2022. Pero podemos afirmar que esta medida será publicada xa que CCOO, ANPE, UGT e CSIF temos decidido asinala.