CCOO, negociación colectiva e XII Convenio (Centros de Educación Infantil)

Publicado o 24 de maio de 2022

Ante as informacións difundidas por algunha organización sindical presente na Mesa Negociadora, queremos recordar o papel que CCOO ven xogando no sector desde 2019. Neste sentido, e para que outros deixen de apuntarse méritos que non lles pertencen, porque asinan acordos cando hai que defender dereitos e baixan a cabeza cando hai que confrontar, facemos un repaso aos acontecementos que nos trouxeron ata a situación actual:

  • En maio de 2019, CCOO non asina o XII convenio colectivo. O resto de sindicatos sí o rubrican, deixándonos en solitario na defensa dos dereitos das traballadoras do sector. CCOO convoca un día de folga, ampliamente seguida nos centros de traballo.
  • En setembro de 2019, CCOO realiza unha consulta á Comisión Paritaria do convenio para que se pronuncie sobre o desapropiado encadre das educadoras no grupo 4 de cotización. A súa decepcionante resposta, da que forman parte UGT, USO e FSIE, é que non son competentes para responder a esta cuestión.
  • En xaneiro de 2020, CCOO promove un acto de mediación para que se encadre ás educadoras onde lles corresponde, no grupo 2 de cotización. Non hai acordo na reunión celebrada pero decídese trasladalo á Mesa Negociadora, na que o resto de sindicatos aceptan, coa oposición de CCOO, que pasen ao grupo 3.
  • En xuño e outubro de 2020, CCOO subscribe unha declaración, xunto ao resto de organizacións sindicais e patronais, na defensa do sector. 
  • En decembro de 2020, CCOO presenta demanda de impugnación ante a Audiencia Nacional para que se declaren nulos os importes inferiores ao SMI das táboas salariai dese ano. CCOO engade a esta demanda outra na que se esixe o recoñecemento do dereito das educadoras a percibir un diferencial salarial que distinga a súa categoría do resto. 
  • En febreiro de 2021, celébrase un novo acto de mediación para resolver a falta de aplicación do SMI do 2020 nas táboas do convenio. O resto de organizacións da Mesa chegan ao acordo de aplicar a subida do SMI, sen mostrarse capaces de plasmar esa decisión nas táboas salariais. CCOO defende que se non se soluciona o tema do diferencial, non as avalará.
  • En febreiro de 2021, reúnese a Mesa Negociadora para axustar as retribucións aínda que, sorprendentemente, UGT,USO, FSIE e CIG retráctanse do acordo que firmaron na mediación e néganse a realizar os axustes necesarios no convenio.  CCOO amosa o seu estupor por dita actuación e volve a esixir a aplicación do SMI ás táboas salariais e o recoñecemento explícito do diferencial para as educadoras. 
  • En xuño de 2021, CCOO obtén sentencia favorable da Audiencia Nacional contra a empresa KIDSCO, que lle obriga a recoñecer os dereitos das súas traballadoras a ser retribuídas conforme ás táboas salariais de xestión indirecta nas súas escolas concesionadas con organismos e administracións públicas.
  • En xullo de 2021, as organizacións patronais, ante a presión exercida por CCOO, varían a súa posición inicial e recoñecen explícitamente, mediante acordo da Mesa Negociadora, que sí firma CCOO, o dereito das educadoras a percibir nas súas retribucións un diferencial sobre outras categorías con responsabilidades e titulación requerida diferentes. 

UGT, USO e FSIE establecen ese diferencial na “friorenta” de 10€ sen posibilidade de ir incrementándoo no tempo, motivo polo que CCOO no subscribe as novas táboas. A nosa firma suporía unha desconsideración para as miles de traballadoras que se movilizaron contra a firma do XII convenio colectivo.

  • En outubro de 2021, CCOO denuncia o XII convenio colectivo xunto ao resto de organizacións sindicais. 
  • En novembro de 2021, CCOO non subscribe as novas táboas salariais, revisadas para dar cumprimento ao  expresado na disposición transitoria oitava do convenio, xa que non solucionan as carencias retributivas do conxunto de traballadoras.
  • En xaneiro de 2022, CCOO solicita a convocatoria da Mesa Negociadora para facer cumplir a disposición final quinta de convenio colectivo que obriga a incrementar os salarios nun 5,5% con carácter retroactivo desde o 1 de setembro de 2021.
  • En maio de 2022, CCOO presenta demanda na Audiencia Nacional para reclamar que a disposición final quinta sexa de aplicación a todas as traballadoras que prestan os seus servizos en calquera das entidades baixo o paraugas do convenio e non só ás de xestión directa como pretenden UGT, USO e FSIE. 

 

Ás portas de iniciar as negociacións del XIII convenio colectivo, e visto as actuacións do resto de sindicatos e a desidia das patronais, o proceso antóllase repleto de obstáculos para a consecución de melloras reais nas condicións laborais e retributivas das traballadoras do sector. 

Incomódalles que sexamos o sindicato maioritario, que ostentemos máis do 40% de representatividade e que organizásemos unha folga de gran repercusión mediática que puxo ao descubierto as súas vergonzas. Se a súa actitude segue sendo a mesma, o conflito está servido. CCOO convértese en garante de que os intereses das traballadoras do sector estarán representados e defendidos como se merecen.

Contra a precarización, máis CCOO

 

CCOO DEFENDE OS DEREITOS E LOITA POLA MELLORA DAS CONDICIÓNS DAS TRABALLADORAS DA EDUCACIÓN INFANTIL

Por uns soldos dignos na Educación Infantil 0-3!

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS