Xuntanza Dirección Xeral de Función Pública

CRITERIOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN LEI 20/2021 E BUZÓN DE POSTOS OPE EXTRAORDINARIA 2022

Este martes 10 de maio, mantivemos unha xuntanza co director xeral da Función Pública ao respecto dos criterios a aplicar aos procesos selectivos de estabilización que se convocarán en aplicación da Lei 20/2021 de redución da temporalidade. Como resumo, estas foron as conclusións:

Sobre os criterios dos procesos de estabilización

▪ A OPE Extraordinaria 2022 incluirá non unicamente as prazas correspondentes á Administración xeral da Xunta de Galicia, senón tamén as correspondentes aos entes instrumentais, incluídas fundacións e sociedades mercantís, e polo tanto, incluiranse os postos das entidades do artigo 45.1 a) e b) da LOFAXGA. A toma de posesión derivada destes procesos terá carácter provisional, agás que estea resolto o concurso de traslados da correspondente escala. A negociación OPE Ordinaria de taxa de reposición quedará para un momento posterior.

▪ O baremo aplicable aos procesos selectivos será común a todos eles tanto nos concursos de méritos como na fase de concurso dos procesos convocados por concurso-oposición (valorando os mesmos méritos) e incluirase nos criterios da OPE Extraordinaria 2022. O que debe ser o baremo é sinxelo e que permita unha valoración áxil dos méritos xa que o 90% das prazas afectadas pola Lei 20/2021 convocaranse por concurso de méritos, quedando unicamente un 10% de prazas para as convocatorias por concurso-oposición. Finalmente, estudarán a xurisprudencia para “modular” a puntuación dos servizos prestados en función da Administración na que se presten (o DXFP amósase partidario de aplicar este criterio pero coa debida garantía e seguridade xurídica)

▪ Polo que respecta ao período de interrupción da ocupación da praza, con independencia de que a mesma estea ocupada pola mesma ou por diferente persoa, entenderase que non hai interrupción cando o posto volva a ocuparse efectivamente nun prazo de 3 meses. Ao respecto deste prazo de interrupción, no caso postos fixos-descontinuos non se terá en conta o tempo no que se teña suspendido o contrato aos efectos de computar a ocupación efectiva e continuada da praza.

▪ A petición das organizacións sindicais elimínase a referencia á suspensión e chamamentos nas listas de contratación temporal para aqueles que non superando os procesos selectivos derivados da Lei 20/2021 de redución da temporalidade e polo tanto, perciban a correspondente compensación económica, aínda que aínda non está pechada a redacción final.

▪ En referencia ás prazas a tempo parcial e de persoal fixo-descontinuo, incluiranse nesta oferta extraordinaria as prazas incorporadas como prazas de persoal laboral na RPT da Consellería de Medio Rural no ano 2019 para o reforzo da campaña de verán en período de alto risco, xa que de continuar estas prazas en SEAGA cumprirían os requisitos da Lei 20/2021 para ser convocadas nesa empresa. Tamén serán incluídas as prazas correspondentes a diferentes categorías, corpos e escalas incorporadas á RPT da Consellería de Educación hai unhas semanas.

 

Por parte de CCOO manifestamos as seguintes cuestións que quedaron pendentes:

  • ‒  Entendemos que a Administración galega engade a necesidade de que as prazas estean ocupadas a 30 de decembro de 2021 (data de entrada en vigor da Lei 20/2021) cando non é un requisito que se

    recolla na norma básica estatal, e polo tanto, entendemos que ten que ser eliminado.

  • ‒  Polo que se refire ao persoal indefinido non fixo, ao que se refire o documento da Administración como aquel que teña a dita condición “(…) por sentencia xudicial”, solicitamos que se elimine esta referencia xa que hai un bo número de traballadoras na nosa Administración que teñen recoñecida esta condición por resolución administrativa, e que de ningunha maneira poden ver prexudicados os

    seus dereitos.

  • ‒  Tamén solicitamos que se aproveite a posibilidade que se recolle no parágrafo 3.3 ao respecto da

    titulación académica para recoller o que si establece a resolución da Secretaría de Estado de Función Pública de que establece que si ben desempeñar a praza convocada non exime do requisito de titulación, naqueles supostos nos que a normativa convencional para o persoal laboral aplicable ao ámbito estableza a posibilidade de acceder con outras titulacións académicas e profesionais similares ou equivalentes.

  • ‒  Tamén esiximos dende CCOO que se acredite o coñecemento da lingua galega mesmo nos procesos selectivos que se convoquen polo procedemento do concurso de méritos, ben por medio da realización dunha proba para a súa acreditación do mesmo modo que se confirma a posibilidade de realizar probas físicas, ou ben esixindo a súa acreditación como requisito indispensable en cumprimento do establecido no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

  • ‒  Polo que respecta ás prazas xa “convocadas” noutros procesos selectivos, está claro que as non cubertas teñen que incluírse nas caixas de postos para estes procesos, ademais obviamente, das non convocadas. En todo caso, atopámonos no mesmo corpo e escala con prazas que na caixa de postos aparecen como “convocadas” e outras que non, sen que haxa un criterio que explique esta diferencia, e a maioría das ditas prazas ademais compren os requisitos para os procesos a convocar ao abeiro da Lei 20/2021.

    Sobre os buzóns de postos

    Por parte de CCOO engadimos máis de 300 prazas á caixa número 1 e outras 200 na caixa 2, polo que solicitamos que se revisen as prazas que se están a incluír nestes procesos e tamén solicitamos que os entes e as diferentes Consellerías respecto das prazas correspondentes á Administración xeral da Xunta de Galicia, certifiquen cantas prazas teñen afectadas pola Lei de redución da temporalidade, xa que hai organismos e entidades que refiren non ter ningunha praza afectada.

    Tamén solicitamos que as caixas de postos permanezan abertas o máximo tempo posible para poder engadir todas aquelas prazas que vaian chegando como afectadas, e a este respecto o director xeral de Función Pública confirma que seguiran abertas ata que a OPE extraordinaria teña que ir a Consello da Xunta de Galicia para a súa aprobación.

    Nesta xuntanza tamén se nos informa que se remitirán nos próximos días as prazas afectas pola Lei 20/2021 correspondentes aos corpos e escalas da Lei 17/1989, de escalas sanitarias.