Toda a información da mesa sectorial do 05/05/2022

Anteproxecto de Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 

Resumo Intervención Mesa Sectorial 05 de maio de 2022

  1. Proxecto de Orde de calendario escolar:
  2. Demandamos un debate serio e sosegado sobre a estruturación trimestral do calendario escolar en prol dun calendario máis equilibrado e racional, diferente ao que se nos presenta con 71 días no primeiro trimestre, 57 no segundo e 51 no terceiro mediatizado polas festividades relixiosas, e lamentamos que se traia a mesa sectorial a estas alturas con pouca marxe para ser modificado. 
  • Consideramos que debería estudarse a situación da Semana de Pascua e a posibilidade de iniciarse o xoves e a semana posterior. 
  • Consideramos que a actividade lectiva comeza demasiado pronto e solicitamos que comece a semana seguinte, tendo en conta que este ano se produce a modificación dos currículos en cursos impares e a adaptación da programación á aplicación informática habilitada pola Consellería a tal efecto, o que suporá un esforzo adicional ao profesorado. A proposta de días lectivos da Consellería é de 176 días, cando a LOMCE establece un mínimo de 175.  
  • Dende CCOO solicitamos que para as ensinanzas de réxime especial debe concretarse unha data de inicio posterior acorde os prazos de matrícula e a conformación dos grupos.  NON ACEPTAN
  • Reclamamos que, con respecto a FP, a data de inicio e remate do curso debe ser “de acordo cos requirimentos de cada ciclo formativo”, tal como se recollía fai anos no calendario escolar. NON ACEPTAN
  • Esiximos a xornada matinal reducida en xuño e setembro en infantil e primaria, mentres non se volva ás 21 horas lectivas, recordando que seguimos demandando unha negociación do horario lectivo do profesorado acorde a normativa básica que permite a volta ás 18 en secundaria e ás 21 en primaria. 
  • Valoramos positivamente que a adscrición funcional en secundaria farase en setembro no momento en que os centros dispoñan da totalidade dos seus cadros de persoal, tanto definitivos como provisionais, tal como viñamos reclamando. 
  • Esiximos que a Administración asegure formación previa sobre o manexo da nova aplicación informática para realizar as programacións en determinados niveis, flexibilizando a data de entrega das mesmas, para que o profesorado se poida familiarizar e sexa formado no seu uso. FARASE PRIMEIRO EN INFANTIL E PRIMARIA. SEN DATA DE APLICACIÓN
  • Rexeitamos a redacción dada pola Consellería no referente ao período de adaptación en infantil, deixando a decisión en mans das familias. Esiximos a modificación deste apartado dado que o período de adaptación faise en beneficio do alumnado e con criterios pedagóxicos e didácticos.  A ADMINISTRACIÓN ALEGA QUE OS DEREITOS DOS PAIS PERMITEN QUE NON FAGAN PERIODO DE ADAPTACIÓN INDEPENDIENTEMENTE DA SITUACIÓN DO MENOR.
  • Demandamos que se amplíe o período de adaptación para o alumnado de cuarto curso de EI, e, en aplicación da autonomía dos centros, debera permitirse que se puidera estender a como máximo  ata finais de setembro.
  • Propomos que se introduza como conmemoración no Anexo I o 10 de marzoDía da clase obreira galega, así como consideramos que tamén se deben enumerar as datas nas que hai celebracións internacionais referidas ao recoñecemento efectivo dos dereitos LGBTI, e non deixalo de modo xenérico (15 de marzo- Día da Visibilidade Transexual, 26 de abril – Día da visibilidade lésbica, 17 de maio – Dia internacional contra a LGTBI-fobia…) NON ACEPTAN POÑER TODAS AS CONMEMORACIÓNS
  • Demandamos que non se contemple a modificación dos horarios para centros que comparten transporte escolar, entendendo que o transporte non pode condicionar o horario dos centros. ALEGAN DISPERSIÓN PARA A NON MODIFICACIÓN
  • Esiximos que se recolla que as adaptacións significativas de horarios do profesorado deberan ser por acordo e non unha decisión unilateral do centro
  • Solicitamos que na disposición Adicional 2ª se retire a referencia a cursos para facela a ciclos acorde a estruturación en ciclos da LOMLOE.  ELIMINARASE  CANDO A LOMLOE TEÑA UNHA IMPLANTACIÓN COMPLETA

 

2.             Rogos e preguntas

  • Demandamos información de cando previsiblemente traerán a mesa sectorial os borradores de currículos de ESO e Bacharelato, xa que o tempo apremia e tramitación dos decretos soe ser dilatada no tempo. A ADMINISTRACION CONFIRMA QUE TEÑEN PREVISTA NA SEMANA DO 16 AO 20 DE MAIO TRAER A MESA OS CURRÍCULOS.
  • Solicitamos, de novo, información sobre as modificacións na planificación educativa para o curso que ven: traslados de ensinanzas e fusións previstas de centros, os centros que se converten en CIFP, etc. Esiximos que tales modificacións se acometan con suficiente antelación ao final de curso, proporcionando toda a  información á comunidade educativa dos centros afectados e que non se espere para acometelos á finalización do curso. NON CONTESTAN
  • Denunciamos a situación xerada pola substitución de programa de catalogación de bibliotecas escolares pola nova aplicación KOHA, o que se traduce para os coordinadores/responsables e para os equipos de Biblioteca dos centros nun inxente traballo de catalogación de moitas horas a maiores das súas obrigacións actuais. Esiximos que os coordinadores/as e equipos de bibliotecas teñan unha compensación horaria acorde que permita facer esta optimización. NON CONTESTAN
  • Ante a chegada de meses con altas temperaturas diurnas, denunciamos a situación de centros con xornada partida que non poden desfrutar da xornada matinal en xuño e setembro por mor do transporte escolar. Exemplo, o CEIP de Quiroga, radicado nunha zona (o val do Sil) con altas temperaturas nas horas centrais do día, con consecuencias negativas evidentes para o confort e benestar do alumnado e para a saúde laboral dos traballadores/as do centro. AFIRMAN QUE ANALIZARÁN A SITUACIÓN