Buzóns OPE extraordinaria 2022 enviados por Función Pública (actualizados a 29 de abril)

  • Buzón 1 : Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión con anterioridade ao 01/01/2016 (<01/01/2016). Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.  Total 4098 postos. PREME PARA VER O DOCUMENTO

 

  • Buzón 2: Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión entre os anos 2016 e 2017: (>=01/01/2016<01/01/2018). Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva. Total 206 postos. PREME PARA VER O DOCUMENTO

 

  • Buzón 3: Inclúe aqueles postos ocupados por persoal indefinido non fixo que polas súas características especiais non están incluídos nos buzóns 1 e 2. Total 50 postos. PREME PARA VER O DOCUMENTO

 

 Nota (*): Ininterrompidamente:  A estes efectos de documentos de traballo entenderáse ata un máximo de 3 meses sen ocupación.

 As alegacións deberán achegarse ao seguinte correo electrónico ccoo.sancaetano@xunta.gal

Prazo de entrega das alegacións 3 de maio de 2022