Mesa Sectorial 27/04/2022

Intervención de CCOO:

  1. Currículo Educación Primaria

–  Antes de comezar coas aportacións concretas deixamos constancia dende CCOO dúas cuestións:

  • A oposición de CCOO a que no currículo se inclúa o ensino das relixións.
  • A necesidade de negociar unha baixada de rateos para poder abordar os currículos con criterios de calidade educativa que permita unha ensinanza individualizada na que realmente se poida dar unha resposta educativa adecuada á diversidade existente nas aulas.
  • Da mesma forma demandamos a volta ao horario lectivo de 21 horas permitindo ao profesorado unha mellor coordinación entre sí poder adicar máis horas a tarefas de dinamización, proxectos, etc.

– No artigo 4 onde se establecen os fins da educación nesta etapa consideramos que faltan referencias á interculturalidade e o respecto aos dereitos humanos, xunto coa á igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e a autonomía persoal.

– No artigo 5 solicitamos a inclusión de catro propostas para incorporar aos principios xerais: 

  • No apartado 1 ademais de establecer que comprende 6 cursos académicos debe concretarse que estes se organizan en 3 ciclos de dous anos académicos cada 1.
  • Un novo apartado 5 que dea resposta aos novos retos da educación:  “A educación primaria organizarase de acordo cun modelo educativo baseado na filosofía coeducadora que minore o sexismo e o androcentrismo, o recoñecemento á diversidade afectivo sexual e a valoración crítica das desigualdades”
  • Novo apartado 6: Nesta etapa educativa fomentarase e potenciarase a colaboración coas familias para dar soporte ao proceso educativo dos seus fillos e fillas”
  • Novo apartado 7: coa intención de dar coherencia e continuidade ás diferentes etapas educativas “A educación primaria manterá a coherencia coa educación infantil e coa educación secundaria garantindo a coordinación entre etapas, para asegurar unha transición adecuada do alumnado entre etapas e facilitar a continuidade do seu proceso educativo”.

No artigo 6 e) propomos que os referentes deben concretarse como “non cuantitativos” na medida en que deben referenciarse a competencias. 

No artigo 7 achegamos varias propostas:

No artigo 7 a) deberíase incorporar a palabra democrática para definir a cidadanía

  • No artigo 7 b) consideramos que debe retirase a referencia ao “espírito emprendedor” ou ampliar á autonomía persoal.
  • No artigo 7 d) debería modificarse “orientación ou identidade sexual” por “orientación sexual, identidade e/ou expresión de xénero” xa que abarca unha realidade máis ampla e completa
  • Consideramos que se debe engadir un novo apartado 7 i) que teña por obxecto dar visibilidade ás mulleres e ofrecer referentes femininos.

 

  • No  actual artigo 7 i)  estamos de acordo con desenvolver as competencias tecnolóxicas e iniciarse na súa utilización… pero nos falta unha referencia ao seu uso responsable.
  • No actual artigo 7 k) deberíase engadir ao final “… desenvolvemento persoal e social así como adoptar formas de vida saudables”
  • Consideramos necesario un obxectivo que concrete as formulacións xerais sobre educación afectivo-sexual. Así propomos engadir un novo punto artigo 7 l) e renomear: “ Desenvolver unha actitude natural e positiva ante a sexualidade, adquirindo coñecementos básicos sobre o acto sexual humano e entendendo a importancia do respecto á responsabilidade e a igualdade nas relacións coas demais persoas”
  • No actual artigo 7 l) consideramos que se debe substituír o coñecemento e valoración dos os animais  polo de  “flora e fauna” que amplía o ámbito.

No artigo 8 varias propostas: 

  • No artigo 8.1 g) ampliar o concepto de competencia emprendedora a competencia emprendedora e para a autonomía persoal, xa que a Comisión Europea non obriga aos países membros a implantar as competencias clave polo que temos autonomía para modificar o que consideremos.
  • No artigo 8 h) consideramos que debemos ampliar esta competencia clave e pasar a denominala “ Competencia en conciencia e expresións artísticas e culturais” xa que a expresión artística ten entidade propia dentro da cultiura.

No artigo 9.2 consideramos que a Educación en Valores Cívicos e Sociais debe ampliarse aos dous cursos do terceiro ciclo e non quedar só no sexto curso.

No artigo 13.4  propomos retirar a referencia a ampliación do calendario escolar ou do horario lectivo de áreas ou ámbitos, xa que a autonomía dos centros está suficientemente substanciada na adecuación do seu proxecto educativo ao contexto socioseducativo do seu alumnado.

No artigo 17.2 non parece acaída a redacción xa que pode interpretarse que a educación afectivo-sexual é unha parte da educación para a saúde. Propomos retirar “incluída” e por “así como a educación afectivo-sexual”

No artigo 19 plantexamos dúas enmendas:

  • Artigo 19.1 consideramos que debería engadirse ao final “así como a evitar calquera actitude de rexeitamento á diversidade, en especial á de orientación sexual identidade ou expresión de xénero”.  Insistimos nesta cuestión porque hai datos que indican que unha causa de acoso escolar é precisamente esta.

·      Artigo 19.5 propomos que a orientación académica e profesional asignada á titoría se faga referencia a que debe realizarse en coordinación co departamento de orientación do centro. Sobran argumentos xa que esa é unha función do DO.

No artigo 20.1 en lugar de “poñer especial énfase na atención á diversidade” habería que recoller que se “dotará de recursos”para atender a diversidade xa que coas actuais rateos non está garantida esta atención polo menos con criterios de calidade.

No artigo 20.2 propomos incorporar ao final: “A administración educativa dotará dos medios necesarios, tanto económicos como persoais, para poder dar resposta ás necesidades educativas individuais.” Se non hai medios e recursos non se pode garantir unha resposta educativa de calidade.

No Artigo 21.2 incorporar ás características da avaliación que non están recollidas: participativa e flexible” Participativa porque integra a todos os axentes educativos que interveñen nos procesos de aprendizaxe e flexible porque os procesos de avaliación débense axustar ás características propias de cada alumna/o.

No artigo 22:

  • 22.3: consideramos que a permanencia no mesmo curso non pode decidirse sen aplicar medidas de reforzo. Propomos engadir este concepto “…tras aplicar as medidas ordinarias e de reforzo suficientes, adecuadas…”
  • 22.4: os informes deben referenciarse ao final de “cada un dos ciclos” e non aos cursos segundo cuarto e sexto. 

No artigo 24 propomos incluír a “actitude” ademais da dedicación, esforzo e rendemento. É importante valorar tamén a disposición ante a tarefa colectiva, a solidariedade, o respecto aos demais…

No artigo 33 consideramos que habería que incluír un novo apartado “3 O persoal docente encargado da xestión da biblioteca escolar terá unha redución do seu horario lectivo” A importancia das bibliotecas escolares non está en cuestión pero para funcionar precisan que o persoal lle dedique un horario fixo e que non dependa da posibilidade horaria en función da dotación do centro.

No Anexo I segundo parágrafo propomos cambiar “na práctica lectiva” por “no proceso educativo” A adquisición das competencias que marcan o perfil de saída do ensino primario van moito máis alá da practica lectiva.

No Anexo I páxina 37  ”Entender os conflitos como elementos connaturais á vida en sociedade que deben resolverse de maneira práctica” propomos engadir “e colaborativa”  porque o enfoque colaborativo é imprescindible na resolución dos conflitos así como en todo o proceso educativo.

Anexo I na páxina 41 no cadro de descritores operativos  incorporar un CP4 Coñece, valora, respecta e usa alomenos as dúas linguas oficiais de Galicia

Anexo I na páxina 45 no apartado de competencia cidadá, deberíase engadir “estruturas sociais, económicas, xurídicas,sindicais e políticas…” Ao mesmo tempo que se coñecen todas as estruturas deben coñecer as estruturas sindicais que van a ser moi importantes para moitos como clase traballadora.

No Anexo I CE – Competencia Emprendedora (páxina 46) cando se fai referencia ao pensamento para analizar e avaliar a contorna…consideramos que debería engadirse “pensamento crítico”

No Anexo II Educación Física (páxina 101)Propomos que se incorpore un compoñente máis e pasen a ser 6. Quedaría así: O bloque 2, “Organización e xestión da actividade física”, aborda cinco seis compoñentes diferenciados: a elección da práctica física; a preparación da práctica motriz; a planificación e a autorregulación de proxectos motores; o uso adecuado do material, espazo e instalacións e a xestión da seguridade antes, durante e despois da actividade física e deportiva e o coñecemento do propio corpo e a súa implicación na práctica deportiva.” 

No Anexo II Educación Física obxectivo 4 (páxina 104) propomos engadir corporal porque consideramos que apareza diferenciado e concretado a identidade e aceptación do propio corpo que non ten que ser a mesma que a corporal. 

No Anexo II Educación Física obxectivo 5 (páxina 104) gustaríanos que se incluíra unha referencia ao ocio porque consideramos que a actividade física é importante e ten moitas posibilidades de incorporarse en actividades de ocio. 

No Anexo II Lingua Castela e Literatura no segundo parágrafo (páxina 176). Propomos que se incorpore o concepto de comprensión e que se faga o mesmo no caso da lingua galega porque ler e escribir non ten sentido sen a comprensión. 

No Anexo III coa actual distribución horaria das materias non hai posibilidade de que o centro poida ofertar nin en 4º nin en 6º (nin en ningún curso de feito) unha segunda lingua estranxeira ou calquera outra materia de configuración propia. En todo caso vaise dar unha situación na que actualmente hai alumnado con Lingua Francesa como segunda lingua estranxeira que ven imposibilitada a súa continuidade. Situación que segundo CCOO debe resolverse. 

A ADMINISTRACIÓN RECOLLE AS APORTACIÓNS E PROCEDERÁ A ANALIZALAS POLO MIÚDO PARA VER SE AS INCORPORA AO DOCUMENTO FINAL

2.             Rogos e preguntas

 

  • Preguntamos sobre cando ten previsto levar a mesa a administración a orde de calendario escolar para o curso 2022/23, especialmente importante, xa que sería a primeira orde sen avaliación extraordinaria en setembro

ESTÁN REMATANDO A SÚA ELABORACIÓN E TRAERASE A MESA DE FORMA INMEDIATA

  • Solicitamos información sobre as modificacións na planificación educativa para o curso que ven: traslados de ensinanzas e fusións previstas de centros, os centros que se convirten en CIFP, etc.

SÓ CONFIRMAN QUE NON HABERÁ CAMBIOS PREVISIBLEMENTE AÍNDA NOS CENTROS IES VAL DO ASMA E IES LAMA DAS QUENDAS DE CHANTADA O CURSO QUE VEN XA QUE HAI UNHAS OBRAS PREVISTAS QUE NON LLES DA TEMPO A FINALIZAR PARA O 1 DE SETEMBRO

  • Demandamos información sobre a calendarización presvista de negociación dos novos Regulamentos Orgánicos de Centro tras a culminación da tramitación da LOMLOE.