Sorteo dos docentes que serán membros dos tribunais das oposicións.

Publicación do resultado do sorteo dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-oposición para o ingreso e acceso a corpos docentes do ano 2022

PRIMARIA

SECUNDARIA

Causas de recusación ou abstención:

‌  É OBRIGATORIO PARTICIPAR NOS TRIBUNAIS DE OPOSICIÓNS? 

A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8º.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. 

‌  PODO SOLICITAR SER SUPLENTE DO TRIBUNAL? 

O presidente do tribunal pode conceder a suplencia se: 

Actuaches nun tribunal de oposicións dende o 2017 en adiante. 2017 incluido. 
Es director/a dun centro. 
Tes permiso sindical a tempo total 
Ter unha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2022 e que continúe durante o período de oposición.
As que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, e as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida.

NOTA IMPORTANTE: Agás nos supostos previstos na lei e para o suposto das persoas que teñan permiso sindical a tempo total ou estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, non se concederá a suplencia cando non se poidan constituír os tribunais co número suficiente de persoal funcionario da especialidade correspondente

 

‌ PODO ABSTERME? 

 Son motivos de abstención os seguintes:

  1. Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro en cuxa resolución puidese influír a daquel; ser administrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.
  2. Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito  asimilable e o parentesco de  consanguinidad dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.
  3. Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas no apartado anterior.
  4. Intervir como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.
  5. Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou prestarlle nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.
  6. Ter realizado tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación. 

‌  PODEN RECUSARME? 

1. Nos casos previstos da abstención, poderá promoverse recusación polos interesados en calquera momento da tramitación do procedemento.

2. A recusación exporase por escrito no que se expresará a causa ou causas en que se funda.

3. No día seguinte o recusado manifestará ao seu inmediato superior se se dá ou non nel a causa alegada. No primeiro caso, se o superior aprecia a concorrencia da causa de recusación, acordará a súa substitución acto seguido.

4. Se o recusado nega a causa de recusación, o superior resolverá no prazo de tres días, previos os informes e comprobacións que considere oportunos.

5. Contra as resolucións adoptadas nesta materia non caberá recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpoñer o recurso.

 

Calquera solicitude de suplencia, abstención, exención ou recusación debe presentarse ante o presidente do tribunal.