Día internacional da Visibilidade Lésbica
Por que un Día Internacional da Visibilidade Lésbica?
As lesbianas somos mulleres que sumamos a orientación ás discriminacións que carrexamos por xénero, por diversidade funcional, por racialización... Moitas delas son visibles, pero a orientación, en si, non o é.

Porén, a necesidade de visibilizamos vai parella ao dereito do goce das mesmas condicións que o resto da cidadanía. Como parte do colectivo LGTBIQ+ avanzamos moito, pero son moitas tamén as reivindicacións que aínda perseguimos para a equiparación efectiva de dereitos.
A educación inclusiva e integral no respecto á diversidade afectivo sexual axúdanos a romper coas normas tradicionais sobre o xénero. Por iso é polo que resulta imprescindible deseñar e desenvolver contidos educativos curriculares sobre as diversidades de xénero e identidade existentes para abordalos no ámbito educativo, favorecendo a creación de contornas seguras para todo o alumnado, os corpos docentes e o persoal educativo, coa consecuente extensión a outros espazos de socialización, desde as familias ata os espazos de interacción e a rúa.
Con iso poderemos conseguir:
- A visibilización das familias diversas e da individualidade das persoas LGTBIQ+.
- A creación de protocolos integrais de atención ao alumnado que garantan o libre desenvolvemento da personalidade, a igualdade de trato e a non discriminación por xénero e identidade.
- Asegurar contornas de traballo seguros e respectuosos para o alumnado, docentes e persoal de administración e servizos ( PAS).
É un feito que, aínda, parte do colectivo LGTBIQ+ seguimos temendo visibilizarnos nos centros, debido a que persisten as bromas, o medo ao illamento e, sobre todo, o temor para sufrir represalias sociais e de obstáculos que poidan afectar o desenvolvemento profesional. Por iso, necesitamos visibilizarnos e converternos en referentes para esas novas xeracións que, a pesar dos avances, aínda non senten en liberdade nin coa seguridade suficiente para recoñecerse como persoas en igualdade e diversidade.
Isto require dun traballo en rede, solidario, valente e comprometido. Necesitamos referentes. Necesitamos diversidade. Necesitámosche a ti.
- VISIBILIDADE
- SORORIDADE
- DIVERSIDADE