CCOO insiste na necesidade de convocar a mesa tripartita do Ensino Concertado

A Federación de Ensino de CCOO veu reclamando con insistencia ao longo dos últimos anos a necesidade de retomar a vía do diálogo e a negociación no Ensino Concertado. Porén, solicitamos en numerosas ocasións ser recibidos para expor aqueles asuntos que consideramos relevantes para o sector.

Publicado o 22 de abril de 2022

Asemade, urxe tratar a recuperación de acordos e dereitos que foron suprimidos e colocarnos no camiño da concertación de novos acordos, tal como acontece no resto de Comunidades Autónomas. Seguimos agardando resposta ás nosas solicitudes. Non desistimos no intento de ser recibidos e esta semana presentamos ante rexistro unha nova solicitude á Consellería.

Agora vivimos con preocupación o impacto que poida ter nos centros educativos e no mantemento de postos de traballo, a caída das matriculacións como consecuencia do descenso da natalidade. 

Consideramos urxente que se convoque canto antes a Mesa Tripartita do Ensino Concertado para abordar, prioritariamente, este asunto