Admitidas na oposición as persoas que manifestaron a vontade de matricularse mediante o pagamento das taxas e o peche da instancia na aplicación de oposicións

A Consellería, aplicando a recente xuridisprudencia do Tribunal Supremo, enviou unha notificación electrónica informando da súa ADMISIÓN no procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 a aquelas persoas que manifestaron a súa vontade de matricularse na convocatoria mediante o pagamento das taxas e o peche da instancia na aplicación de oposicións. Se ben a sentenza establecía a necesidade de ter enviada a instancia á sede electrónica, tras as reclamacións presentadas, aceptou flexibilizar o requisito e coa instancia pechada na aplicación, procederon á súa admisión. 

A admisión faise de oficio. No caso de non querer participar no procedemento selectivo deberá manifestalo no prazo de 5 días hábiles. O mesmo prazo de 5 días para subsanar a falta de documentación se fose o caso. 

De estar nesta casuística e non ter recibido a notificación da Consellería, deberase enviar unha solicitude xenérica a través da sede electrónica, indicando en asunto reclamación matrícula oposición.