O informe xurídico de CCOO deixa claro que as prazas de reposición e estabilización por concurso-oposición débense convocar xuntas co novo modelo 

O informe xurídico de CCOO deixa claro que as prazas de reposición e estabilización por concurso-oposición débense convocar xuntas co novo modelo 

 

O gabinete xurídico de CCOO analizou a situación completa a nivel lexislativo, trala publicación do RD 270/2022 que regula o procedemento de ingreso transitorio á función pública docente. 

O resultado é un informe pormenorizado que deixa claro que nas convocatorias de concurso-oposición débense combinar as prazas de reposición e de taxa adicional de estabilización e realizarse todas polo novo procedemento establecido na transitoria cuarta do regulamento de ingreso á función docente, isto é o adecuado tanto a nivel práctico como xurídico. 

O sindicato xa manifestou, ante a publicación do RD 270/2022 cos procedementos para o proceso de estabilización en docentes, que é enormemente inadecuado tentar abrir a porta a dous concursos-oposición diferentes para as convocatorias de agora a 2024, tanto para a xestión do proceso como para as persoas aspirantes. Xera unha situación de incerteza, incomprensión e desconcerto que a xuízo de CCOO é intolerable e coloca aos e as aspirantes nun escenario con dous formatos diferentes de concurso-oposición para acceder a unha mesma función pública docente, con regras, procedementos, ponderación de partes, etc. distintas. Igualmente grave é que esta situación pon claramente en perigo a execución áxil e efectiva de todas as prazas necesarias para cumprir o obxectivo ineludible de reducir a temporalidade por baixo do 8% no prazo establecido. 

CCOO foi artífice do acordo que comprometía á redución da temporalidade ao 8% e por tanto á convocatoria de máis de 125.000 prazas docentes, con oportunidades para todas e todos. Loitamos por un concurso-oposición que non sexa unha carreira de obstáculos e que non deixe prazas desertas, no que só haxa unha proba con partes non eliminatorias e que recoñeza adecuadamente e de forma equilibrada o valor da experiencia docente (máximo un 28% da puntuación final). Este modelo quedou bastante recoñecido na disposición transitoria 4ª do RD 270/2020 e desde CCOO imos defender que este sexa o único modelo de concurso-oposición ata 2024 por todos os medios ao noso alcance, incluídas mobilizacións se fose necesario. 

O sindicato esixe ao ministerio de educación que coordine ás administracións educativas, como é a súa responsabilidade, clarifique esta cuestión no sentido adecuado e arranxe o desconcerto xerado.