Centros de asistencia e Educación Infantil: As organizacións patronais seguen negando a aplicación da disposición final quinta do convenio colectivo

Publicado o 31 de marzo de 2022

Nun exercicio absoluto de irresponsabilidade e desconsideración cara ás traballadoras do sector as organizacións patronais manifestaron na reunión mantida este 31 de marzo que non teñen intención de aplicar a disposición final quinta do XII convenio colectivo, que lles obriga a realizar unha revisión salarial, unha vez coñecida a inflación do 2021, do 5,5% con carácter retroactivo desde o 1 de setembro de 2021.

Tras a última reunión celebrada fai tres semanas, hoxe anunciaron que necesitaban máis tempo para facernos chegar unha proposta, coa clara intención de atrasar e obstaculizar a negociación. 

A resposta de CCOO foi taxante: iniciamos os trámites legais oportunos para interpoñer a correspondente demanda xudicial, que pasará por esixir a aplicación desa disposición final para todas as traballadoras, sen exclusión (xestión directa, xestión indirecta e obras sociais e fundacións)

Por uns soldos dignos na Educación Infantil 0-3!

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS