Asemblea do XVI Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade

XVI Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade

CCOO lamenta a posición mantida pola patronal na reunión da Mesa Negociadora celebrada este pasado día 18 de marzo.

Despois destes anos de pandemia, nos que os/as traballadores/as do sector demos o 200%, aumentando a carga de traballo, duplicando a nosa xornada, expoñendo a nosa saúde a condicións moi precarias para atender ás persoas ao noso cargo… , chegou o momento no que a patronal reflicta, no Convenio Colectivo, o seu recoñecemento ao noso esforzo.

A dignidade dos/as nosos/as profesionais do sector non se reflicte nas condicións laborais nin nas retribucións. Cunha inflación que se dispara e un IPC acumulado superior ao 7%, a patronal puxosobre a mesa táboas salariais insuficientes, deixando varios colectivos profesionais por debaixo dos 1.000 euros fixados para o SMI e aceptando, na súa proposta, a absorción de complementos vinculados á antigüidade, a pesar do feito de que o Convenio non o permite.

As melloras sociais propostas corresponden, na súa maior parte, á normativa vixente ou a dereitos xa recollidos no vixente Convenio. A perda de poder adquisitivo que sofren os traballadores de forma reiterada incrementarase pola negativa a aplicar un novo complemento de perfeccionamento e formación profesional (N3) que vincule formación e antigüidade.

Coa súa actitude, os empresarios condenan a miles de traballadores/as vulnerables á conxelación salarial despois de dous anos de enormes sacrificios derivados da situación que vimos sufrindo.

Dende CCOO seguimos apostando pola vía da negociación ata o último momento, non obstante, temos moi claro que no caso de desacordo na próxima reunión fixada para o 28 de marzo, pasaremos a un novo escenario de confrontación, xudicialización e mobilización.

Os profesionais do sector non estamos dispostos a seguir sendo un sector precario.

Non estamos dispostos a perder máis dereitos!

Convocámosvos a unha asemblea informativa o vindeiro mércores 30 de marzo ás 19:30 horas, na que contaremos coa intervención de Pedro Ocaña, Secretario de Ensino Privado e Servizos Socioeducativos da FECCOO.

Con CCOO loitas, con CCOO avanzas!

Enlace: meet.google.com/mfs-jkmq-ztu