Toda a información da Mesa Sectorial de 14/01/2022

1. Oferta de emprego

ANTEPROXECTO DE DECRETO      /2022, do …. de xaneiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes para o ano 2022.

  • CCOO rexeita que a Consellería non agarde á públicación da modificación do RD 276/2007 no BOE por parte do Estado, ofertando un maior número de prazas, incluíndo estabilización e reposición, entendendo necesario a convocatoria do 120 % das taxas de reposición, ao abeiro da demanda da volta a un horario lectivo de 21 horas no corpo de mestres e 18 nos outros corpos.  REXEITADO. A CONSELLERÍA MANTÉN A CONVOCATORIA  POLO RD 276/2007 E NON VAN AUMENTAR A OFERTA CONVOCANDO POR RIBA DO 100 % DE TAXA DE REPOSICIÓN PREVISTO. 

  • CCOO valora que a convocatoria pola modificación do RD 276/2007 simplificaría o proceso de oposición, con probas non eliminatorias, permitindo a todos os aspirantes realizar a totalidade das probas e posibilitando que se cumpra de forma efectiva o concurso-oposición (non hai que esquecer que o ano pasado o 86 % de aspirante non superaron a criba do primeiro exame) e facilitaría que non quedasen prazas desertas (o ano pasado quedaron desertas 252 prazas). REXEITADOA CONSELLERÍA ARGUMENTA QUE NON HAI SEGURIDADE XURÍDICA DA MODIFICACIÓN DO RD 276/2007 E QUE A SÚA PUBLICACIÓN PODERÍA DEMORARSE E QUE POR ISO OPTAN CONVOCAR POLO SISTEMA ORDINARIO DO RD 276/2007. 

CCOO demanda coñecer con carácter previo á convocatoria:

  • As prazas susceptibles de ofertar por concurso de méritos. REXEITADO. NON DAN DATOS. ADIAN A UNHA NEGOCIACIÓN A FINAIS DE FEBREIRO OU PRINCIPIOS DE MARZO. 

  • As prazas de estabilización susceptibles de oferta por concurso oposición ás que fai referencia a lei 20/2021. REXEITADO. NON DAN DATOS. ADIAN A UNHA NEGOCIACIÓN A FINAIS DE FEBREIRO OU PRINCIPIOS DE MARZO. 

  • As prazas de reposición da oferta de emprego de 2022. DAN OS DATOS NA MESA. 927 PRAZAS DA OPE DO 2022. 

 

  1. Proxecto de orde xaneiro 2022 pola que se convocan procedementos selectivos. 

  • Rexeitamos executar o proceso selectivo co modelo ordinario do RD 276/2007. NON ACEPTAN 

  • Demandamos que se presente con tempo un protocolo de adaptación á situación provocada pola COVID para a realización das probas, tal como se fixo o ano pasado. Sería importante manter un número reducido de aspirantes por tribunal, as medidas hixiénico sanitarias e organizativas para evitar aglomeracións, dotación económica suficiente para os tribunais, entre outras. Asemade valorar a necesidade de realizar ou non o acto de presentación. EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA SE ESTUDARÁ SE É PRECISO FACER UN PROTOCOLO. A INTENCIÓN INICIAL É MANTER O ACTO DE PRESENTACIÓN. 

  • Instamos a que se publiquen as datas e lugares de celebración das probas con suficiente antelación para facilitar a loxística de traslado e pernoita dos opositores. 

  • Solicitamos á Dirección Xeral que reúna previamente as presidencias dos tribunais e insistan na obriga de todo e toda aspirante que supere unha proba ten que pasar á seguinte independentemente da nota, para que non se perverta o carácter de concurso-oposición.

  • Pedimos o establecemento de protocolos de actuación comúns para  que cada tribunal non actúe de modo arbitrario sobre todo en tribunais da mesma especialidade.

  • Demandamos que os temas e o exercicio práctico da primeira parte da proba sexan os mesmos para todos os tribunais de cada especialidade, aínda que as prazas estean repartidas, garantíndose as mesmas condicións de ingreso para todos os  aspirantes e, ao mesmo tempo, as mesmas condicións para o acceso ás listas de interinidades. 

  • Instamos a que os tribunais publiquen con antelación ao acto de presentación unhas normas claras sobre o formato das probas escritas. 

  • Solicitamos que a publicación das notas de cada proba sexan diarias.

  • Demandamos que se debe explicitar na convocatoria de modo claro o procedemento de reclamación da nota perante os tribunais. 

  • Solicitamos eliminar a función de valoración de méritos dos aspirantes polos tribunais, a cal debería recaer na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Os méritos que figuran no expediente persoal dos aspirantes que prestan servizos para a Consellería, non só os servizos, senón tamén titulacións e formación, deberían ser xa valorados de oficio e evitar así de novo a súa achega. ESTUDARANO PERO NON SABEN SE SERÁ POSIBLE PARA ESTE PROCESO. 

  • Reclamamos que sexan publicadas na web da Consellería, en modo de anuncio, ou na parte correspondente a cada tribunal a composición final dos mesmos e non so nos lugares de celebración das probas.

  • Esiximos que a adaptación de tempo e medios para quen a solicite se faga con tempo suficiente.

  • Estimamos necesario desenvolver a normativa que garanta a reserva de postos de traballo nas OPE para vítimas de violencia xénero, ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. 

 

No articulado, dende CCOO demandamos: 

  • Determinar un número de tribunais con rateos baixas para que poida pasar á segunda proba todas/os aspirantes que superen a primeira sen problemas de datas. 

  • A gratuidade da matrícula para os demandantes de emprego que non estean a cobrar prestación ou subsidio e que este requisito, ao igual que o resto, se considere a final de prazo de presentación de solicitudes.

  • Incrementar o prazo de 5 días hábiles de reclamación contra a lista provisoria.

  • Na composición dos tribunais, que estes estean formados por profesorado da propia especialidade en todos os casos e non só cando sexa posible. 

  • A creación dunha comisión entre os membros dos diferentes tribunais para elaborar os exercicios e establecer os criterios de valoración dos mesmos, coa finalidade de que as probas sexan as mesmas para todos os tribunais da especialidade. 

  • A baremación dos méritos debe realizala Dirección Xeral e os tribunais non deben coñecer dita baremación ata despois de finalizar a fase de oposición.

  • A consideración da nota do concurso-oposición e non unicamente a da oposición para o acceso ás listas, como interino ou substituto, e polo tanto a baremación de todos os aspirantes e todas as aspirantes. 

  • A exención da realización da proba de coñemento e castelán e/ou galego para aqueles opositores que a superasen en convocatorias anteriores. 

  • Substituír 24 h por 48h para os chamamentos. 

  • Ampliar a 5 días hábiles o prazo de reclamación das puntuacións provisionais da fase de concurso. 

  • Dar máis peso á parte B, desenvolvemento por escrito dun tema da especialidade, de forma que a parte A (supostos prácticos) pondere cun 40% e a parte B (tema) un 60%. 

  • Os criterios de avaliación da proba de desempate, no caso de ser necesaria a súa realización, deben ser públicos.

  • A publicación de todas as puntuacións da primeira proba ao mesmo tempo, así como as da segunda, o que redundaría nunha maior transparencia do proceso.

  • Incrementar a 3 días o prazo para solicitar destino provisional os aprobados.

  • Recoller que en caso de non formular por parte dos funcionarios en prácticas opción pola percepción da remuneración, se lle aplicarán as retribucións que máis os favorezan. 

  • Recoñecer as horas de formación do titor de prácticas como curso impartido e acompañar dita función dunha compensación económica. 

  • Detallar nos procedementos de adquisición de novas especialidades, en que debería incidir máis o persoal aspirante: en aspectos científicos, didácticos, ou nunha combinación dos dous. 

No baremo (ANEXO III) de ingreso xeral, dende CCOO reclamamos: 

  • A valoración da nota media das titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia.

  • A puntuación doutros premios extraordinarios como o de máster oficial, aínda que somos conscientes que non está contemplado no RD 276/2007

  • Incluír “por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente e superior de Escola Oficial de Idiomas”. E por conseguinte, na disposición complementaria Terceira punto 9, eliminar a palabra “unicamente” e concretar que serán valorados os niveis superiores (C1 e C2). NON ACEPTAN. 

  • Incluír as linguas cooficiais tamén, non só estranxeiras. 

  • Valorar o mestrado de formación de profesorado de secundaria, escolas de idiomas e FP, no baremo xeral de acceso para o corpo de mestres e artes, xa que non constitúe un requisito para dito corpo. ACEPTAN ESTUDALO. 

No baremo (ANEXO IV) do paso do grupo A2 ao A1,  dende CCOO solicitamos: 

  • A baremación de cursos menores de 30 horas.

  • Valorar cunha puntuación superior a 0,5 por título título de licenciado ou de grao distinto ao alegado. 

  • Puntuar tamén os premios extraordinarios de máster oficial e doutras titulacións.

  • Valorar como un mérito o mestrado de formación de profesorado de secundaria, escola de idiomas e FP cando non sexa requisito. ACEPTAN ESTUDALO. 

No ANEXO VI, dende CCOO pedimos

  • Dar a coñecer os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das probas prácticas coa maior antelación posible. 

  • Expresar a duración máxima da proba práctica naquelas especialidades nas que non está reflectida, por exemplo música. 

  • Especificarse o tipo e contido da proba práctica en especialidades nas que está de forma moi xenérica (matemáticas, física, entre outras). 

  • Aclarar o motivo de que non se se aborde neste anexo o relativo ao corpo de artes Plásticas e Deseño e solicitar que se inclúa na Orde da convocatoria. ACEPTAN. ACLARAN QUE FALTABA NO BORRADOR QUE NOS PASARON. 

 

Rogos e preguntas

  • Solicitamos clarificar todas as cuestións relacionadas coas 500-600 prazas que o conselleiro anunciou que irían a concurso de méritos e cantas a estabilización por concurso oposición antes de febreiro/marzo tal e como se nos dixo na mesa. 

  • Esiximos a publicación das listas de interinidades e substitucións do corpo de mestres resultado dos últimos procedementos selectivos celebrados o pasado xullo. ESTÁN A PIQUES DE ACTUALIZALAS. 

  • Esiximos a vacinación inmediata do persoal dos centros que falta por inocular coa terceira dose, nomeadamente menores de 40 anos que non recibiran dobre pauta de Astrazeneca.

  • Instamos á Consellería a que acometa a concesión de permisos de deber inexcusable aos traballadores/as dos centros que deban permanecer con fillos menores positivos ou cuarentenados para así facer efectivo o seu deber de tutela efectiva. NON ACEPTAN. ARGUMENTAN QUE O ÁMBITO DE NEGOCIACIÓN SERÍA A MESA XERAL NON OBXECTO DESTA MESA. 

  • Esiximos que os fillos e fillas de mutualistas de MUFACE que teñan unha entidade privada de prestación sanitaria, poidan acceder tamén ao test en igualdade cos mutualistas que elixiron o servizo público de saúde.

  • Solicitamos información de cátedras de conservatorios. A CONSELLERÍA ACLARA QUE PARA O CURSO QUE VÉN DEBERÍA ESTAR EXECUTADA.

  • Solicitamos información sobre cátedras. ESTÁN ESTUDANDO E RESOLVENDO OS RECURSOS DE ALZADA PRESENTADOS E SE PUBLICARÁN CON EFECTOS ADMINISTRATIVOS E ECONÓMICOS DESDE XANEIRO. 

  • Preguntamos polos tribunais que participaron nos anteriores procesos selectivos e aínda non cobraron. ACLARAN QUE O PAGO SE FARÁ AGORA PORQUE HOUBO PROBLEMAS COA DOCUMENTACIÓN REMITIDA POLOS TRIBUNAIS.