Información da Mesa Sectorial de Educación do Estado do día 21/12/2021 sobre a modificación do RD 276/2007 de ingreso e acceso.

CCOO Ensino denuncia a falta de liderazgo do Ministerio de Educación neste proceso. Despois da reunión coas CCAA o día 20, remítese ás OOSS un novo documento (2º borrador) pola noite para negociar na Mesa Sectorial de hoxe. Pouco tempo para poder reflexionar sobre os cambios introducidos nun tema de capital importancia para o sistema educativo. 

Temos que distinguir dous grandes apartados que son o sistema transitorio de concurso-oposición ata o 2024 e o sistema extraordinario de ingreso por concurso de méritos. 

Con respecto ao sistema transitorio, CCOO valora positivamente:

  • Que na fase de oposición se opte por un sistema máis simplificado cunha única proba que consta de dúas partes non eliminatorias entre si. Finalmente, parece que esta parte constará de dúas fases nas que a parte A consistirá no desenvolvemento dun tema da especialidade e a parte B na elaboración e exposición dunha unidade didáctica. Elimínase a posibilidade da programación didáctica. 

  • Establécese que a experiencia que puntuará será a da especialidade á que se opta, en maior grado en centros públicos.

  • Valorarase a experiencia da especialidade do corpo de PTFP cando se presenten á mesma especialidade doutro corpo. 

  • Incremento do peso no baremo do concurso-oposición no apartado doutros méritos, por ter superado a fase de oposición en anteriores procesos a 0,75 puntos. 

Isto foi posible grazas a insistencia e actuacións de CCOO e ao acordo xeral de plan de choque para a estabilización e a redución da temporalidade con Función Pública. 

Porén, hai cuestións moi importantes que consideramos deben ser modificadas.

  • Debe valorarse a experiencia noutra especialidade no ensino público, aínda que en menor grado que na propia, xa que hai un apartado que puntúa a experiencia en calquer especialidade en centros que non son públicos. 

  • A formación permanente debe estar incluída no baremo. 

  • Debería considerarse no baremo os aprobados en oposicións anteriores a 2012. 

  • Debe simplificarse o acceso a outros corpos de grao superior e a novas especialidades para o persoal funcionario de carreira. 

  • Debe coñecerse o desglose da nota das dúas partes da fase de oposición. 

  • Debe concretarse e definirse con claridade en que consistirá a proba práctica naquelas especialidades onde se estableza que si terán proba práctica. 

  • Propuxemos medidas para mellorar o funcionamento dos procesos en relación ás condicións dos tribunais, rateos opositor-tribunal, asegurar o anonimanto, coordinación de criterios de avaliación e transparencia do proceso. 

 

Desde CCOO defendemos que as ofertas de emprego público sexan o máis amplas posibles e que desde 2022 incluído se oferten de forma conxunta todas as prazas de estabilización e de reposición.

 

Sobre a Transitoria Quinta de ingreso excepcional por concurso de méritos sen oposición, CCOO reiterou as cuestións que vimos expondo. Este proceso é novedoso, introducido a última hora na lei por un pacto político, e plantexa dúbidas de seguridade xurídica e efectos non previstos, por non estar ben pensado e deseñado. Esta medida require dun estudo máis calmado. Cómpre recordar que neste proceso ofertaránse as prazas que estiveron ocupadas por persoal interino, de forma ininterrumpida, desde o 1 de xaneiro de 2016. A estas prazas poderán optar calquera persoa, teña experiencia ou non, desde calquera CCAA do Estado, polo que non cumpriría realmente co obxectivo pretendido, que non é outro que dar estabilidade a aquelas persoas con contratos en fraude de lei. 

O Ministerio de Educación limitouse a recoller as propostas sen respostar a nada en concreto sobre os cambios que aceptarían introducir, agás a intención de poder incluír a formación permanente no baremo e estudar a posibilidade de valorar outras categorías da experiencia. Comprometeuse a remitirnos un novo texto. 

En calquera caso, CCOO seguirá pelexando para que saian as prazas suficientes para reducir a temporalidade. Seguiremos esixindo a eliminación da taxa de reposición para poder ampliar de forma significativa as plantillas. Recordemos que con experiencia ou sen experiencia, “sen prazas, non hai praza”.