Nova proposta da patronal na negociación do novo convenio de discapacidade

O pasado 16 de decembro celebrouse unha nova reunión da Mesa Negociadora do XVI Convenio Colectivo na que CCOO e UGT presentamos unha batería de propostas prioritarias que configuran o groso das nosas reivindicacións e moitas das cales xa aparecen recollidas na plataforma reivindicativa de CCOO. A salientar:

 

Contratación

  • Establecer limitacións á temporalidade e á parcialidade e priorizar a promoción interna respecto aos novos postos vacantes.

 

Xornada

  • Redución de xornada xeneralizada para o conxunto de persoas traballadoras.
  • Redución do 10% da xornada para as persoas maiores de 63 anos, sen redución salarial
  • Redución voluntaria da xornada para persoas maiores de 55 anos, con redución de salario pero mantendo o 100% de cotizacións.

 

Melloras sociais

  • Mellora da IT
  • Inclusión de excedencia voluntaria con reserva de posto de traballo e de excedencia por violencia de xénero.
  • Ampliación dos permisos retribuídos e non retribuídos.
  • Consideración do 24 e 31 de decembro, e 5 de xaneiro como días festivos.
  • Regulación da xubilación parcial e posibilidade de acumulación nun só ano.
  • Establecer días de asuntos propios e mellora do artigo sobre vacacións.

 

Retribucións

Artigo 29.2

CCOO presentou unha nova redacción do artgo coa finalidade de facelo extensivo aos CEE de iniciativa social.

 

Outros

  • Inclusión dun N3, del 5,5%.
  • Mellora do importe das dietas e do complemento de festividade.
  • Inclusión de novos complementos: turnicidade, perigosidade…
  • Mellora do complemento especifico e o de nocturnidade.

 

Así mesmo presentáronse medidas de mellora en ámbitos de saúde laboral, dereitos sindicais, maternidade, formación, clasificación profesional…

 

Pola sá parte, a patronal maioritaria, AEDIS, presentou una nova proposta salarial que está moi alonxada  das pretensión de CCOO  nesta negociación:

Grao + Master, un 3,75 (1,25+1,25+1,25)      Gado, un 4% (1,25+1,25+1,5)

Técnico superior, un 4% (1,25+1,25+1,5)     Técnico, un 7% (3+2+2)

Auxiliar técnico, un 9,5% (5+2,5+2)              Operario, un 13% (8+2+3)

 

Una vez máis lembrámoslles  que o artigo 32 xa recolle como se debe levar a cabo a revisión salarial a partir de xaneiro de 2022 e que calquera modificación do mismo ten que representar unha mellora sobre o coxunto das persoas traballadoras do sector.

Desde CCOO seguimos defendendo a vía negociadora sen renunciar ao acordado no  XV convenio colectivo  con unha apuesta decidida de mellora en todos os ámbitos do mesmo. A vindeira reunión quedou fixada para el próximo 14 de xaneiro.

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS