CCOO asina o XI Convenio colectivo de centros de ensino privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado

O pasado 17 de decembro CCOO asinou o XI Convenio Colectivo, xunto ao resto de organizacións sindicais de ámbito estatal, tras sometelo á consulta coas nosas bases e ser ratificado, deste xeito , o preacordo subscrito unha semana antes.

      O convenio terá unha vixencia de tres anos, ata o 31 de decembro de 2023, establece un incremento salarial do 1,5% desde o 1 de setembro do 2021, do 2% par o 2022 e do 2% en 2023.

      CCOO considera que, a diferenza do que aconteceu no X convenio Colectivo que non asinamos, nesta ocasión non existen elementos que representen un retroceso sobre os dereitos laborais das persoas traballadoras. O novo texto recolle as sentenzas da Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo ( resultado das demandas interpostas por CCOO) respecto das limitacións dos contratos por obra e servizo, e permite introducir novas melloras sociais consolidando as xa existentes.

       Regúlanse e amplíanse os supostos de ausências xustificadas, incluindo novos permisos retribuídos; establécese unha nova excedencia com reserva de posto de traballo para vítimas de violencia de xénero; prevese a creación dunha comisión técnica onde se traballarán aspectos tan importantes como a xornada; inclúese a posibilidade de acumular a xubilación parcial e mellórase a redación do artigo que regula a Vixilancia de comedor e transporte,

     A decisión que CCOO tomou no seu momento de denunciar en solitário o X convenio colectivo para iniciar negociacións, permitiu que haxa incrementos salariais para 2021,2022 e 2023  e que se avance na consecución de melloras sen ter que facer concesión á bancada patronal

 

                         CON  CCOO  LOITAS ,  CON  CCOO AVANZAS