Toda a información sobre a Mesa Sectorial do 16 de decembro

CCOO ENSINO fixo a seguinte intervención (en vermello a contestación da Consellería nos casos en que o fixo):

  1. LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR.

Apróbase.

 

  1. ORDE AVALIACIÓN 

 

Criticamos dende CCOO que a regulación da avaliación chega tarde, tanto pola publicación tardía do Real Decreto a nivel estatal, como polo mes que tarda a propia Consellería en realizar o borrador. Nos tempos e na propia redacción do borrador, percíbese a resistencia do goberno galego a aplicar a normativa derivada da LOMLOE. 

 

Consideramos dende CCOO urxente regulamentar unha normativa de avaliación que tente revertir as graves disfuncións do noso sistema educativo fronte aos países do entorno, que impactan con maior incidencia no alumnado máis desfavorecido.

a) repetición de curso: 12/14% en primaria e case 30% en secundaria

b) a non titulación na educación obrigatoria: preto do 25 % do alumnado non puido obter o Graduado en ESO nos últimos 10 anos e, en consecuencia, non puido seguir cursando estudos posteriores.

c) o alto abandono escolar temperán: que se sitúa en España no 16  %, máis de 5 puntos porcentuais por riba da media da UE.

 

Demandamos dende CCOO que a Consellería cumpla na Orde de Avaliación o recollido no Real Decreto. Polo tanto, propomos as seguintes modificacións no borrador:

 

  • A eliminación da posibilidade de que se tomen como referentes os estándares de aprendizaxe dos decretos curriculares da LOMCE, que o Real Decreto establece como meramente orientativos.

 

  • A eliminación da pretensión da Consellería que se establezca a media de 5 para decidir sobre a promoción ou titulación do alumnado con máis de 2 materias non superadas en Educación Secundaria Obrigatoria. Tal feito reflicte unha gran desconfianza e un ataque á autonomía e profesionalidade dos docentes de que podan decidir de forma colexiada sobre a promoción e pretende uniformizar e homoxeneizar o que é diverso.

 

  • A inclusión de medidas de flexibilización na avaliación de lingua estranxeira para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo, tal e como recolle o Real Decreto . 

 

  • Solicitamos, se abra a posibilidade de ampliar o calendario escolar máis alá do 6 de xuño, permitindo a aqueles centros que desexen, en aras da súa autonomía, puidese retrasar a terceira avaliación parcial á final de curso.

 

A ADMINISTRACIÓN MANIFESTOU QUE NON TEN CONTEMPLADO ACEPTAR NINGUNHA ENMENDA DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS

 

  1. ROGOS E PREGUNTAS:

 

  • Demandamos dende CCOO a ampliación do programa ARCO máis alá de final de primeiro trimestre, xa que os nomeamentos foron realizados a partir de mediados do mes de outubro, moitos deles incluso foron adxudicados ben avanzado o mes de novembro. REXEITADO

 

  • Esiximos a Consellería a que cubra as baixas que se están a producir no mes de decembro, xa que na actualidade hai máis de 300 vacantes pendentes de ser cubertas en todos os corpos, algunhas desde o 30 de novembro o que supón un perxuicio para o alumnado que levarían ao final do primeiro trimestre case un mes, e informamos que venimos de entregar a valedora do pobo denuncia neste senso. NON SE PRONUNCIAN

 

  • Instamos a Consellería a que de forma inmediata e urxente proceda a clarificar todas as cuestións relacionadas coa oferta pública de emprego: a cuantificar as vacantes e especialidades para as ofertas de emprego público de 2021 e 2022 que se van a desenvolver en xuño de 2022; cantas e cales serán susceptibles de concurso de méritos e cantas e cales para estabilización por concurso-oposición; se vai a esperase a convocar ao sistema transitorio de acceso unha vez modificado o RD 276/2007. NON SE PRONUNCIAN 

 

  • Esiximos que a Administración proceda a publicar canto antes as listas de interinidades e substitucións do corpo de mestres resultado dos últimos procedementos selectivos celebrados o pasado xullo.NON SE PRONUNCIAN

 

  • Solicitamos reunión urxente sobre vacinacion do persoal docente, prioritaria ante o incremento de contaxios nos centros. Recordamos que hai profesorado que está en contacto con alumnado sen obriga de portar máscara e sen vacinar, como o profesorado de educación infantil ou de atención á diversidade.  NON SE PRONUNCIAN

 

  • Esiximos á Subdirección Xeral de Inspección que clarifique posición ante instrucións enviadas a centros nas provincias de Pontevedra e A Coruña nas que se recolle que o profesorado de PT e AL debe ter a totalidade de horas lectivas do seu horario á atención directa a alumnado, mentres que o resto de profesorado debe ter 23 horas lectivas adicadas a atención a alumnado, limitando así a posibilidade de apoio a substitucións e gardas, coordinación co resto de profesorado, atención á biblioteca, e contradecindo a propia Orde de 23 de xuño de 2011 de horarios. NON SE PRONUNCIAN