Día internacional das persoas con dispacacidade

Por iso, CCOO quere lembrar que o Artigo 27.1 e 27.1. c da Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade, do 30 de marzo de 2007, ratificado e en vigor en España desde o 8 de maio de 2008, establece que: “Os Estados Partes recoñecen o dereito das persoas con discapacidade a traballar, en igualdade de condicións cos demais, iso inclúe o dereito para ter a oportunidade de gañarse a vida mediante un traballo libremente elixido ou aceptado nun mercado e contorna laborais abertos, inclusivos e accesibles ás persoas con discapacidade durante o emprego, adoptando medidas pertinentes incluída a promulgación de lexislación”.

O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, converteuse nunha referencia reivindicativa para promover os dereitos e o benestar destas persoas en todos os ámbitos da sociedade, así como unha xornada de concienciación sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

CCOO ensino súmase a esta conmemoración e sinala a necesidade dunha Estratexia Europea de Discapacidade para 2021-2030, que se concrete con accións específicas para velar pola incorporación real dos dereitos das persoas con discapacidade na política, os programas e os instrumentos da UE. Esta nova estratexia debe abordar o actual contexto social e económico europeo, tendo en conta a difícil situación destas persoas no marco da crise sanitaria e económica como consecuencia da pandemia da Covid-19.

CCOO quere reivindicar este día como a xornada da homenaxe a todas e todos; aos traballadores e as traballadoras con discapacidade e a quen traballa con este colectivo tan diverso; ao alumnado, en xeral, e ao alumnado con necesidades educativas especiais e con necesidades específicas de apoio educativo en particular; ás usuarias e usuarios, e ás súas familias; a aquelas entidades comprometidas socialmente que ven en CCOO unha organización sindical que pon en valor a diversidade e as diferentes capacidades de todas as persoas que conforman este universo tan heteroxéneo. 

Neste día non podemos esquecernos das persoas traballadoras dos centros de día, dos centros ocupacionais, das residencias –cos seus 365 días de atención incansable–, dos centros ocupacionais e dos centros especiais de emprego, dos colexios de educación especial… Queremos poñer en valor o esforzo e a dedicación que realizaron durante o período de confinamento, traballando en moitas ocasións sen as condicións mínimas de seguridade.

A situación de confinamento prolongado tivo un impacto negativo sobre o estado de ánimo e de saúde mental, da poboación en xeral e,  singularmente, #ante o incremento das expectativas laborais negativas, das persoas con discapacidade, que viron como o desemprego de longa duración dispárase tamén entre elas. 

Por todo o anterior, desde CCOO apostamos pola necesidade de reverter o contexto e para iso resulta necesario mellorar a situación laboral das persoas con discapacidade e tamén das traballadoras e traballadoras que se dedican á súa atención. A negociación do  XVI convenio colectivo de atención a persoas con discapacidade é unha magnífica oportunidade para continuar coa senda iniciada fai tres anos na defensa e mellora das condicións laborais das persoas do sector.

Somos un sindicato diverso e capaz, como as persoas ás que representamos. A súa loita é a nosa; o seu orgullo, o noso.