Convócanse 623 prazas para profesorado visitante español en Estados Estados Unidos, Canadá, Emiratos Árabes Unidos e Irlanda para o curso 2022-2023

Para participar é necesario:

– Ter nacionalidade española

– Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia

– Acreditar títulos académicos e de coñecementos de inglés específicos para cada país participante.

A inscrición realízase na sede electrónica do Ministerio e na plataforma Profex.

Pódense consultar os requisitos específicos, así como os manuais para a inscrición e rexistro, na web da convocatoria 2022-2023. 

O texto da convocatoria pódese consultar no arquivo adxunto.