CCOO denuncia que a Consellería segue sen cumprir o requerimento feito pola inspección de traballo

O pasado 7 de abril, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, requiriu á Consellería de Cultura, Educación e  Universidade, con data 07/04/2021 o cumprimento en materia de saúde laboral que denunciamos desde CCOO ensino.

Publicado o 22 de novembro de 2021

Éstas obrigacións en materia de saúde laboral eran as seguintes: 

a)    Estrito cumprimento con “os dereitos de información, consulta e participación da representación legal dos traballadores, cumpríndose coa obrigación de convocatoria do Comité de Seguridade e Laboral”

b)    Entrega á representación legal dos traballadores do prego de contratación dun servizo de prevención alleo para levar a cabo a avaliación de riscos dos 1200 centros educativos que dependen da Consellería de Cultura, Educación e  Universidade, así como da planificación correspondente.

c)    Xustificación da comunicación realizada aos delegados de prevención da documentación xustificativa da visita aos 24 centros educativos por parte do servizo de prevención alleo da Consellería de Cultura, Educación e  Universidade.

A pesar do tempo transcorrido, a Consellería de Cultura, Educación e  Universidade non deu cumprimento ao requirido: 

-    Non proporcionou a esta Federación de CCOO nin ás outras organizacións sindicais de ensino non universitario que constitúen a representación legal dos traballadores, información algunha sobre o prego de contratación dun servizo alleo de prevención que realice a avaliación de regas dos centros de traballo da Consellería ( aprox. 1200 centros), a pesar de comprometerse a iso. Nin tan sequera cumpre coa obrigación de informar previamente as condicións en que se vai a realizar esa contratación, e moito menos coa obrigación de consultar ao respecto a opinión da representación de legal dos traballadores.

-    Tampouco facilitou a esta representación a documentación xustificativa da avaliación dos 24 centros nos que se realizou ata o momento.

Porén, no día de hoxe entregamos escrito por rexistro ante a inspección de traballo denunciando este incumprimento da Consellería de Consellería de Cultura, Educación e  Universidade (VER ESCRITO)