Apertura de listas de interinidades e substitucións en varias especialidades de secundaria

Elaboración das listas de interinidades e substitucións para docencia nas especialidades de construcións civís e edificacións, de procesos e produtos en artes gráficas ,sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos do corpo de PES

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 4 de novembro ata o mércores día 17 de novembro de 2021, ambos incluídos. 

Publicado o 03 de novembro de 2021

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 4 de novembro de 2021.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.