XVI convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

Incrementos mínimos pactados a partir de xaneiro de 2022:

  • Salario base            3,75%
  • Salario base + N1        11,25% 
  • Salario base + N2        9,25% 

Publicado o 25 de outubro de 2021

CCOO lembra que os incrementos salariais para 2022 xa quedaron pactados no XV Convenio Colectivo e que esixirá o cumprimento do acordado no artigo 32 e no artigo 34:

“As táboas fixadas no presente Convenio actualizaranse como determinen as partes negociadoras para períodos sucesivos de tres anos conforme ao IPC acumulado no período anterior garantíndose en calquera caso un incremento mínimo do 3,75 % para o período de tres anos, sobre o salario basee, independentemente da evolución do IPC”

“O nivel de desenvolvemento N2 se devengará ao tres anos seguintes de alcanzar o nivel de desenvolvemento N1, a condición de que o traballador realizase a formación prevista pola empresa para o mencionado período.

A contía deste segundo nivel de desenvolvemento e capacitación profesional (N2) será do 5,5 % do salario basee que establezan en cada momento as táboas salariais do presente Convenio para cada grupo profesional”.

Tras moitos meses de esforzos e sacrificios, nun contexto laboral marcado pola pandemia do COVID-19, os traballadores e as traballadoras do sector merecen o cumprimento dos acordos salariais pactados e o recoñecemento ao labor desenvolvido.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS