CCOO solicita a convocatoria da Comisión Técnica de traballo e da Mesa Negociadora do VII Convenio Colectivo (Ensino Concertado)

Publicado o 20 de outubro de 2021

O pasado 27 de setembro publicábase no BOE o VII Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, despois da firma do mesmo xusto antes do período estival.

A disposición transitoria cuarta recolle:

“Os asinantes do Convenio comprométense a constituír unha comisión técnica de traballo que se reunirá periodicamente e que estará formada polos asinantes do Convenio colectivo. Dita comisión constituirase dentro do primeiro mes desde a publicación do Convenio colectivo no BOE e reunirase sempre que sexa necesario a proposta de cada unha das partes asinantes do Convenio colectivo. As conclusións trasladaranse á comisión negociadora”

Por iso, CCOO solicitou formalmente a constitución desa comisión para empezar a tratar aquelas cuestións que quedaron pendentes, en especial todo o relativo á xornada do persoal docente. Así mesmo, tamén solicitamos a convocatoria dunha Mesa Negociadora que permita adecuar aquelas retribucións que tras a publicación hai unhas semanas do novo Salario Mínimo Interprofesional sitúanse por baixo do mesmo.

CCOO trasladará as propostas recollidas na nosa plataforma reivindicativa coa firme intención de que ese novo ámbito de traballo sexa frutífero e permita avanzar nas condicións laborais do profesorado.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS