Difundimos a sinatura da addenda coa que conseguimos que as vacantes Proa+ se publiquen ao mesmo tempo que as vacantes ARCO

Como se pode comprobar no documento, as OOSS que aparecen son CCOO, Anpe, UGT e CSIF. Non aparece CIG posto que nin asinou no seu momento o Acordo de listas, nin pode polo tanto, negociar ningunha modificación nel. Parece que a CIG ensino, se instalou nun tipo de sindicalismo parasitario no que pretende sacar réditos do traballo que facemos as demáis organizacións sindicais. 

Facemos un chamamento directo á CIG para que retire as mentiras publicadas na súa web e redes sociais anunciando a consecución destas cuestións xa que non é certo. Animamos a todos e todas a consultar a addenda e ver quen a asina e así desmontar o bulo.