A campaña de recollida de sinaturas contra o peche da oficina de Muface de Santiago consegue o seu obxectivo

O peche estaba, previsto para o vindeiro 30 de setembro, o que obrigaría a todas as persoas usuarias a desprazarse ata A Coruña, onde está a única sede provincial afectando a traballadores e traballadoras como mestres e mestras, profesorado, persoal de conservatorio, policía nacional, traballadoras e traballadores de Correos… pero tamén centos de xubilados e xubiladas que teñen moitas máis dificultades para facer xestións telemáticas.

Deixar á capital de Galicia sen esta oficina non só era un atentado cara os dereitos das traballadoras e traballadores senón un novo ataque á nosa comunidade. Parabéns a todas as persoas asinantes sen as que sería imposible ter paralizado o peche.