Cualificación proceso funcionarización subgrupo C1, grupo B e grupo III do persoal laboral

Acordo do 17 de setembro do 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo III, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 26.04.2021.

Publicado o 28 de setembro de 2021

En sesión que tivo lugar o 17 de setembro de 2021, a comisión nomeada pola Resolución do 17.07.2020 (DOG núm. 152, do 30.07.2020) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo III, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 26.04.2021 (DOG núm. 81, do 30.04.2021), acordou, de conformidade co disposto na Base II.1 establecer os criterios de corrección, valoración e superación da proba tipo test.

CUESTIÓNS XERAIS ESTABLECIDAS NAS BASES DA CONVOCATORIA

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test extraídas da batería de preguntas correspondentes ao subgrupo C1 que se atopa publicada no portal web corporativo no seguinte enderezo electrónico: https://www.xunta.gal/ funcion- publica/funcionarizacion

A batería de preguntas, coas modificacións realizadas, será a que figure no portal web o día da publicación da convocatoria no DOG.

O cuestionario conterá cinco (5) preguntas de reserva, que substituirán, se fose o caso, as anuladas pola súa orde. As preguntas terán tres (3) respostas alternativas, das cales só unha (1) será a correcta.

A proba terá unha duración máxima de cen (100) minutos.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido da proba e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O exercicio cualificarase como «apto» ou «non apto» e para obter a cualificación de «apto» será necesario obter o número mínimo de preguntas correctas que determine a comisión de funcionarización, para o cal se terá en conta que as respostas incorrectas non descontarán.

DETERMINACIÓN DA CUALIFICACIÓN DE APTO NA PROBA TIPO TEST

En cumprimento da potestade de determinación do criterio da cualificación de APTO da proba indiciada, a comisión acordou que terán a cualificación de APTO as persoas aspirantes que acaden trinta e dúas (32) respostas correctas. Tendo en conta que as respostas incorrectas non descontan e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.