Campaña de vixilancia da saúde 2021/2022 para persoal docente e non docente

Prazo de inscrición xeral: 20 días naturais

  • Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

  ACLARACIÓNS DO PERÍODO DE INSCRICIÓN:

O persoal que se indica na táboa seguinte disporá dos prazos sinalados para realizar a súa solicitude telemática da cita para a revisión médica a través da plataforma informática establecida, durante a vixencia da campaña de vixilancia da saúde para o curso 2021/2022, unha vez integrado nas bases de datos correspondentes para os efectos:

PERSOALPERÍODO DE INSCRICIÓN

Persoal docente/non docente substituto
(funcionario ou laboral)

Sempre que sexa solicitante en activo no momento da solicitude e teña cumprido o cómputo temporal establecido (65 días naturais de servizo ininterrompidos contados desde o 01/09/2021, ou desde o día seguinte ao nomeamento se este é posterior ao 01/09/2021):

20 días naturais a partir do 1 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados.

Persoal docente/non docente interino/relevista/indefinido

non fixo

(funcionario ou laboral)

Nomeamento anterior á data de publicación da Campaña de vixilancia da saúde:

Prazo xeral de inscrición.

Nomeamento igual ou posterior á data de publicación da Campaña de vixilancia da saúde:

20 días naturais a partir do día 1 do mes seguinte desde a súa toma de posesión, sempre que sexa solicitante en activo (alta no momento da solicitude).

 

* Permutas do persoal docente: unha vez solicitada a cita dentro do prazo xeral de inscrición, se logo obteñen outro destino por permuta, poderán modificar a cita na propia plataforma a través da opción MODIFICAR, de acordo co sinalado nas instrucións.