CCOO esixe a estabilización dos cadros de persoal 
no ensino concertado

Publicado o 21 de setembro de 2021

Despois de 35 anos de vixencia do real decreto de concertos, a xurisprudencia do Tribunal Supremo consagrou, na práctica, un único criterio para concertar: ter unha ratio alumnado/unidade igual ou superior á dos centros da súa contorna. Un criterio perverso, porque supón que os centros susceptibles de perdela son os que teñen unha ratio inferior, xeralmente os localizados en ámbitos máis desfavorecidas e os máis comprometidos socialmente.

Nos últimos anos, os datos definitivos sobre ratios no ensino concertado son do curso 2019/2020 e, nos niveis obrigatorios e gratuítos, daban unha media estatal en 2.º ciclo da educación infantil, de 23 alumnas/os por unidade; en primaria, de 24,8 alumnas/os por aula; e na ESO, de 26,7. Se nos centramos no ensino primario, Andalucía, Baleares, Castilla-La Mancha, Catalunya, País Valenciá , Murcia, Navarra, La Rioja, Ceuta e Melilla igualaban ou superaban o máximo legal permitido de 25 alumnas/os por aula, sen intervención das autoridades educativas. Mentres moitos centros superaban os máximos establecidos, outros pechan unidades, coa conseguinte perda de emprego.

Durante o curso escolar 2020/2021, a pandemia supuxo a redución xeneralizada do alumnado por aula e o aumento da ratio docente/unidade concertada, consecuencia directa do incremento de profesionais contratados para reforzar os cadros de persoal. CCOO exixiu reiteradamente a súa consolidación e a diminución de ratios pero, salvo algunha excepción, as comunidades autónomas iniciaron o curso prescindindo deses reforzos e volvendo a unha situación de normalidade pre-pandemia. O incremento da ratio docente/aula permitiría, ademais de garantir o mantemento das medidas covid e a calidade educativa, subscribir acordos —como recolle a disposición oitava do novo convenio colectivo—, nos que tería prioridade a redución dunha hora de carga lectiva sen repercusión salarial para o persoal docente maior de 58 anos.

Pero non está sendo así e dá a impresión de que só interesa reducir custos. O uso dos fondos covid do Goberno era unha oportunidade única para mellorar, estabilizando os cadros de persoal adicionais, e proporcionar unha educación máis individualizada ao alumnado con máis necesidades. Unha vez máis, demóstrannos que a educación non é unha prioridade.

CCOO seguirá traballando na mellora das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector e iso depende, sen dúbida ningunha, da mellora das ratios actuais. 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS