CCOO rexeita o peche da oficina de Muface en Santiago de Compostela

A Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO, a Federación do Ensino de CCOO e a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO lamentan o «enorme prexuízo» que ocasionará a medida a centos de traballadores e traballadoras do sector público: mestres e mestras, profesorado, persoal de conservatorio, policía nacional, traballadoras e traballadores de Correos…

CCOO lembra que entre as persoas prexudicadas están tamén mutualistas que accederon hai tempo á xubilación e ás cales non sempre lles é doado realizar as xestións de maneira telemática, única opción posible agás que se despracen fisicamente á oficina da Coruña.