A destrución de emprego cébase cos sectores máis feminizados e precarios

Unha de cada catro persoas perde o seu traballo no Ensino Privado durante as vacacións de verán. CCOO denuncia que o período estival supuxo de novo a perda de miles de empregos no sector do ensino privado, e alerta de que agosto finalizou cun descenso de persoas afiliadas á Seguridade Social do 26,76% con respecto ao mes de maio, porcentaxe superior ao 24,23% correspondente ao mesmo período de 2020.

Publicado o 13 de setembro de 2021

CCOO esixe abodar de maneira inmediata o problema de temporalidade no sector educativo.