Celebracion dos segundos exercicios de procesos selectivos

A Xunta de Galicia vai a publicar nestes días no Diario Oficial de Galicia as convocatorias dos segundos exercicio dos procesos selectivos que se reflicten, que terán lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. os vindeiros día 27 e 28 de setembro.

Exercicio no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 e do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III, de persoal laboral fixo: Terá unha duración máxima de 120 minutos, coas conseguintes adaptacións. Tal e como se sinalan nas convocatorias, o segundo exercicio consistirán en contestar por escrito un cuestionario sobre dous supostos de carácter práctico sobre os temas do bloque II do programa indicados no anexo I, cun total de sesenta (60) preguntas tipo test, con trinta (30) preguntas cada un dos supostos.

Exercicio no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 e do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso categoría 001 do grupo IV, de persoal laboral fixo: Terá unha duración máxima de 60 minutos, coas conseguintes adaptacións. Tal e como se sinalan nas convocatorias, o segundo exercicio consistirán en contestar por escrito un cuestionario de corenta (40) preguntas tipo test, en que as persoas aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo dos paquetes ofimáticos no contorno de LibreOffice 5.4.4 (folla de cálculo, procesador de textos).

 

Proceso selectivoDOG convocatoria
proceso selectivo
AspirantesPrazas

Hora de
chamamento

Lugar: SILLEDA
Corpo administrativo – C127.09.20211455

91 (8 Discapacidade e 83 accesolibre)

16.30 h

Pavillón 1

(6 portas)

Consolidación grupo III -categoría 002 e 06227.09.202114

6 (6 consolidación de persoal laboral)

16.30 h

Pavillón central

(1 porta)

Corpo auxiliar – C228.09.20212903319 (27 Discapacidade e 292 accesolibre)16.30 h

Pavillón 1

(6 portas)

Consolidación grupo IV –categoría 00128.09.20213422 (consolidación de persoal laboral)16.30 h

Pavillón central

(1 porta)