Publicado en DOG o persoal que aprobou as oposicións

Que documentos terei que entregar?

No prazo de 20 días hábiles após a publicación no DOG das listas de persoas aprobadas, deberás presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos os seguintes documentos: certificado médico, declaración responsable e certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais. 

  • Como fago a toma de posesión?

A toma de posesión faise no centro no que obteñas destino. 

Desde o centro remitirán a documentación á Xefatura Territorial correspondente. 

  • Darte de alta como mutualista de MUFACE

Unha vez que recibas o nomeamento de funcionaria ou funcionario en prácticas terás que pasar pola sede de MUFACE da túa provincia para darte de alta como mutualista e elixir a entidade médica (SERGAS ou entidade privada). Cada ano, no mes de xaneiro e xuño poderás cambiar de entidade. 

  • Realizar o curso de galego e igualdade
  • Presentar o informe-memoria

INFORMACIÓN DE UTILIDADE:

– Cáles son os meus permisos, licenzas, reducións de xornada…?

PREME PARA TODA A INFORMACIÓN

– Cal é o meu salario?

PREME PARA TODA A INFORMACIÓN