Toda a información sobre as permutas para mestres

Tras a publicación da Resolución definitiva do CADP de mestres, lembramos todo o referente ás permutas.

As permutas poden realizarse entre dúas ou máis persoas de calquera colectivo e situación administrativa (definitivos, funcionarios/as de caarreira en expectativa, funcionarios/as en prácticas, interinos/as e substitutos/as) sempre que as prazas a permutar sexan da mesma especialidade e co mesmo perfil lingüistico. (Ollo!!! as comisións de servizo non poden permutarse).

  • Os prazos para mestres son:

a) 10 días hábiles dende o día seguinte á resolución definitiva do CADP, polo que previsiblemente entre o 4 e o 17 de agosto (ambos incluídos)

b) Catro días hábiles desde o 1 de setembro, polo que previsiblemente entre o 1 e o 4 de setembro (ollo!! neste prazo só poderá formular solicitude de permuta as persoas que non participasen no prazo anterior.

  • Ferramenta para axudarvos:

Presentamos dende a administración unha nova ferramenta en forma de app (NÓMADES APP) desenvolta por compañeiros docentes galegos para axudarvos a atopar permutas de forma fácil e intuitiva https://www.facebook.com/AppNomades
Lembrade que temos unha Bolsa de permutas, na que varios/as compañeiros xa atoparon a súa permuta https://bit.ly/31bKFT6

  • Lexislación aplicable: 

Orde 17 de xuño de 2017: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22648
Orde 4 de xullo de 2019: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28332