Toda a información sobre a Mesa Sectorial do 20 de xullo

Nesta mesa tratouse a Orde pola que se desenvolve o Decreto 107/2021, do 1 de xullo, polo que se transforman institutos de educación secundaria en CIFP e se trasladan ensinanzas.

Publicado o 20 de xullo de 2021

CCOO ENSINO fixo a seguinte intervención (en vermello a contestación da Consellería nos casos en que o fixo):

  • Reclamamos a necesidade de abordar un mapa dinámico da Formación Profesional de maneira coherente así como unha negociación seria dos postos de traballo que se pretenden modificar, xa que estos traslados de ensinanzas denotan unha seria falta de planificación por parte da Consellería.
  • En canto ao Decreto, demandamos información de canto profesorado non vai poder recolocarse nos centroa receptores de esninanzas. A DIRECCION XERAL RESPONDE QUE NO IES DE CATABOIS NON HAI PRAZA PARA UN DOCENTE DE EDUCACIÓN FÍSICA E NO IES BREAMO NON HAI VACANTE PARA VARIOS DEFINITIVOS DO IES FRAGA DO EUME (1 DE FILOSOFÍA, 1 DE LATIN, 1 DE MATEMÁTICAS, 1 DE FISICA E QUIMICA E 1 DE FRANCÉS).
  • Trasladamos a nosa oposicion a como se desenvolveu a integración do CEIP Pino de Val, xunto coa desaparición do CEIP de Baamonde coa oposición da comunidade educativa.
  • Insistimos na reactivación do acordo de agrupamentos que ten o aval da maioría sindical, xa que nos atopamos con situacións intolerables como o CEIP Areouta de Sardiñeiro-Fisterra que xuntan a 17 alumnos/as nunha única unidade de toda a primaria.
  • Denunciamos tamén que non se nanteña a segunda unidade da EEI de Sanaxans e a terceira de EI do CEIP de Igrexa-Calo de Teo. Demandamos se manteñan.
  • Con respecto ás prazas resultantes do procedemento de Traslado de ensinanzas apuntar o seguinte:
  • Consideramos que podería quedar adscrito docente de matematicas en IES FRaga do Eume. ESTUDIARANNO
  • A definitiva de Frances de Fraga do Eume queda suprimida pero debería ter praza xa que o vindeiro curso pola implantación do ciclo de turismo se incrementa notablemente o horario. ESTUDIARANNO
  • Comprobar se son necesarias polo incremento do BACH no IES Catabois as prazas de Física e Química, Lingua Castelá e Literatura...ESTUDIARANNO

 

4. Rogos e preguntas.

  • Solicitamos que pase por esta mesa o mapa da Formación Profesional, na medida en que as modificacións neste afectan ás condicións de traballo do profesorado. REXEITADO, A DIRECCION XERAL CONSIDERA QUE NON É OBXECTO DE NEGOCIACIÓN COAS ORGANIZACIONS SINDICAIS NA MESA SECTORIAL A PLANIFICACIÓN EDUCATIVA 
  • Solicitamos a negociación dun plan de dotación de PT e orientación en centros de determinadas características. NON RESPOSTADO
  • Demandamos que nos informen sobre as datas de resolución provisional e definitiva das prazas de atención preferente e prazas de convenio. EN CANTO POIDAN PUBLICARÁN AS RESOLUCIÓNS DE ATENCION PREFERENTE ANTES DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CADP.
  • Demandamos que nos informen sobre as  prazas de convenio. TEÑEN PREVISTO CITARNOS PARA O XOVES COMO MOI TARDE PARA A COMISIÓN AVALIADORA

* INFORMANNOS QUE O 1 SETEMBRO CONSTITUIRÁN OS TRIBUNAIS DE CÀTEDRAS PRETENDENDO QUE OS NOMEAMENTOS DE NOVAS CÁTEDRATICOS/AS SEXAN A 1 DE SETEMBRO.