Que é o que teño que facer unha vez aprobadas as oposicións

Publicado o 15 de xullo de 2021

  • Pedir destino para o curso 2021/2022. 

Se aprobas terás que solicitar praza para a realización da fase de prácticas o curso que vén en canto se fagan públicas as listas de persoas aprobadas. Este curso só se pode facer a través da sede electrónica da Xunta.

  • Como pedir o destino? 

A solicitude terás que facela a través da aplicación CADP na web da Consellaría PARA ISTO TERÁS UN PRAZO DE 2 DÍAS HÁBILES logo de publicarse a lista de aprobados/as.  É preciso abrir unha conta de correo no portal edu.xunta.gal; se non dispós dela, debes solicita á UAC (Unidade de Atención a Centros) no teléfono 902905445.

É imprescindible rexistrala na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/).

Só poderás solicitar prazas da especialidade pola que aprobes a oposición.

  • Que documentos terei que entregar?

No prazo de 20 días hábiles após a publicación no DOG das listas de persoas aprobadas, deberás presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos os seguintes documentos: certificado médico, declaración responsable e certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais. 

  • Como fago a toma de posesión?

A toma de posesión faise no centro no que obteñas destino. 

Desde o centro remitirán a documentación á Xefatura Territorial correspondente. 

  • Darte de alta como mutualista de MUFACE

Unha vez que recibas o nomeamento de funcionaria ou funcionario en prácticas terás que pasar pola sede de MUFACE da túa provincia para darte de alta como mutualista e elixir a entidade médica (SERGAS ou entidade privada). Cada ano, no mes de xaneiro e xuño poderás cambiar de entidade. 

  • Realizar o curso de galego e igualdade
  • Presentar o informe-memoria

 

INFORMACIÓN DE UTILIDADE:

 

- Cáles son os meus permisos, licenzas, reducións de xornada...?

PREME PARA TODA A INFORMACIÓN

- Cal é o meu salario?

PREME PARA TODA A INFORMACIÓN