Toda a información sobre a Mesa Sectorial do 13 de xullo

  • A Consellería rexeita manter a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 metros pero asegura que haberá profesorado extra mais non o cuantifica.
  • Sí acepta manter o criterio deste curso de non superar os 25 alumnos/as por aula en infantil e primaria.
  • Tamén aceptan manter os reforzos do persoal de limpeza.

Publicado o 13 de xullo de 2021

Trasladamos á Administración a nosa enérxica queixa pola tardanza en presentar este documento xunto coa pouca antelación con que se nos remitiu un documento de tanta importancia.

Demandamos que a prioridade debe ser garantir a presencialidade do ensino en todo momento. O dereito ao ensino presencial do alumnado debe ser a premisa básica a seguir xa que é a única forma de garantir a equidade.

 En canto ao protoclo en sí mesmo, esta foi a nosa intervencion (en vermello podes consultar o que traslada a Consellería):

Rexeitamos enerxicamente a redución de distancia de 1.5 a 1.2 metros por posto escolar, e denunciamos que esta decisión se toma tendo en conta unicamente un criterio economicista, para reducir as contratacións covid do ano pasado. Investimento que tivo resultados moi positivos no rendemento académico do alumnado que tivo unha atención individualizada maior naquelas aulas que foron desdobradas.  NON ACEPTADO

-Esiximos por tanto a modificación do protocolo no canto a distancia entre postos escolares e que se manteña a distancia de metro e medio para así non poñer en perigo a saída da pandemia, reducindo así a rateo e mantendo desta forma o groso de contratacións covid un curso máis. NON ACEPTADO. A DIRECCIÓN XERAL ASEGURA, SEN EMBARGO, QUE A PESAR DA REDUCIÓN DA DISTANCIA, VAI A HABER PROFESORADO EXTRA , PERO QUE NON PODEN CUANTIFICALO AÍNDA.

- Incluso consideramos insuficientes estas contratación como xa dixemos o pasado curso e demandamos incremento que debe afecta á etapa de infantil e primaria alí onde poidan facerse desdobres. A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE MANTERÁ O CRITERIO DO CURSO ANTERIOR QUE NINGÚN GRUPO DE INFANTIL E PRIMARIA SUPERARÁ OS 25 ALUMNOS/AS

- A evolución da pandemia ensinounos que a ventilación é fundamental en espazos pechados para garantir a mínima propagación do virus, dandolle prioridade a ventilación de carácter natural fronte a sistemas de purificación de aire que deben utilizarse só cando non se poda garantir a subministración de aire natural ou en caso de meses invernais con temperaturas moi baixas.

- En canto a emendas concretas ao documento:

  • No apartado 2.1 sobre limitación de asembleas ou reunións presenciais, debe quedar claro que poderán realizarse de forma presencial sempre que se cumpran as limitacións de aforos, distancia e medidas hixiénico-sanitarias. O pasado curso houbo reunións na sala do profesorado e non se rexistrou ningún contaxio ou gromo por este motivo.
  • No apartado 2.4 ou 2A 3. debe eliminarse o último parágrafo 2A.3, sobre que os convivintes dunha persoa con síntomas covid poderán acudir a centro educativo reducindo interaccións necesarias  NON ACEPTADO
  • No apartado 3.1  a distancia entre postos escolares debe ser de metro e medio.
  • No mesmo apartado 3.1 consideramos o metro de distancia moi escaso ainda coa instalación de mamparas protectoras.
  • No apartado 4 esiximos o reforzamento dos servizos de limpeza nos centros educativos para poder así cumprir coas quendas de limpeza e demáis obrigas que establece o protocolo. ACEPTADO. VAN A PROCEDER A DOTAR A CENTROS DENDE OUTUBRO CON REFORZOS DE EFECTIVOS DE LIMPEZA.
  • No apartado 6 a Consellería debe asegurar máscaras ffp2 a aqueles profesionais en contacto con alumnado non obrigados a portar mascarilla (profesorado de educación infantil, profesorado de necesidade específicas de apoio educativo,...) ou que pola súa actividade deban portala (profesorado de música ou servizos de limpeza ou comedor,...). 

- No mesmo apartado insistimos na necesidade de que sexa a Consellería quen dote aos centros dos equipos e materiais de protección, e que en ningún caso recaia sobre os gastos de funcionamento dos centros estes materiais. ACEPTADO. A DIRECCIÓN XERAL PREVÉ QUE OS EQUIPOS ESTÉN XA NOS CENTROS A INICIOS SETEMBRO

  • En canto ás solicitudes de vulnerabilidade, esiximos un  procedemento que sexa claro dende o principio e directo para os interesados/as e que sexa levado a cabo por servizos de prevención propios de riscos da Consellaría para o cal esiximos o seu reforzamento. NON ACEPTADO
  • No apartado 12 de reunións por titoría solicitamos que poidan ser presenciais se se gardan as medidas hixiénicas sanitarias correspondentes.
  • No apartado 14 esiximos o incremento do persoal de cocina naqueles casos nos que se incrementan as quendas de comedor.
  • No apartado 18 de uso da biblioteca non compartimos o uso da mesma cun 75% do aforo. Cumprindo as medidas de seguridade das aulas a biblioteca debe poder utilizarse nas mesma condicións. 
  • No apartado 22 de medidas específicas para o alumnado de EI aos nenos/as de tres e catro anos non é realista impoñer que non compartan material ou que o xogo en recantos (ambientes) sexa individual.
  • Da mesma forma en primaria é fundamental que poidan usar material común nos grupos estables ou grupos aula.
  • No apartado 24.2 volvemos a repetir que o profesorado de NEE debe, por estar en contacto con alumando sen máscara, serlle proporcionada mascaras FFP2.
  • No ANEXO III de actuacións para períodos de actividade lectiva non presencial seguimos coas mesmas eivas que xa denunciamos o curso pasado: problemas de conectividade e dotación de equipos, que seguen sendo insuficientes. 
  • Non hai ningunha referencia ao dereito á desconexión dixital do profesorado. Non se aportan solucións aos casos de profesorado que está en actividade presencial con un grupo numeroso e de forma simultánena, a distancia.
  • Solicitamos que ao persoal funcionario en prácticas que superen os procedementos selectivos e nunca prestaran servizos ou por algunha razón non estean aínda vacinados, se proceda a súa vacinación antes do inicio da actividade lectiva do curso 2021/22. ACEPTADO

 

  1. Rogos e preguntas

 

  • Volvemos a esixir urxente convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral para que a Conselleira de Educación dea explicacións do requirimento da Inspección de Traballo a raíz da denuncia de CCOO o ano pasado por non ter feitas a avaliación de riscos dos postos de traballo dos centros educativos que recolle a lei de prevención de riscos, recoñecendo ante a inspección do Traballo que só fixera avaliacións en 24 centros educativos dun total de 1200 centros educativos, o que desvela só un 2% de avaliacións realizadas.
  • Volvemos a solicitar que se habiliten procedementos de reclamación das taxas de inscrición nas listaxes abertas que non se publicaron finalmente por fallos na previsión da Consellería ao abrilas (mestres de primaria e educación física, orientación en secundaria...). OS INTERESADOS PODEN IR FACENDO RECLAMACIÓN A DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS CONSIGNANDO OS DATOS BANCARIOS ONDE QUEREN QUE LLES FAGAN O REINTEGRO.
  • Solicitamos que se nos detalle a calendarización prevista pola Dirección Xeral de centros en canto ao procedemento de acceso a corpo de catedráticos: listados, baremo, publicacións… A DIRECCIÓN XERAL PREVÉ QUE NOS PRÓXIMOS DÍAS A BAREMACIÓN PROVISIONAL E ABRIR PRAZO DE RECLAMACIÓN INMEDIATAMENTE DESPOIS PARA TENTAR REMATAR O PROCESO NO MES DE XULLO. NON DESCARTAN RETRASOS QUE POIDAN DAR LUGAR A QUE OS EFECTOS DE TOMA DE POSESIÓN SEXAN A DATA 1 DE XANEIRO DE 2022 (EN LUGAR DE A 1 DE SETEMBRO DE 2021).
  • Solicitamos información de datas previstas para as resolución de prazas de atención preferente e convenios. RESOLVERÁN O CONCURSO ANTES DE A ADXUDICACIÓN DE CADP
  • Demandamos dunha vez por todas solución definitiva para que o persoal mutualista que non ten a seguridade social poida obter o certificado de vacinación.