Mesa negociadora Centros de Asistencia e Educación Infantil

A presión exercida por CCOO ao xudicializar estas cuestións acabou dando os seus froitos e posibilitou o acordo tras varios meses de negociación. Nesta reunión manifestámonos nos seguintes termos:

  1. Tras presentar unha proposta de redacción ao resto de organizacións sindicais e patronais, sobre o recoñecemento do dereito das educadoras para percibir un diferencial retributivo sobre outras categorías con diferentes responsabilidades e titulacións requiridas, subscribimos o acordo co compromiso de retirar a demanda interposta na Audiencia Nacional ao alcanzar o obxectivo exposto.
  2. Tamén subscribimos o acordo sobre a adecuación das táboas salariais de 2020 ao Real Decreto sobre SMI que establece un salario mínimo de 950€ mensuais por 14 pagas, cuestión que tamén xudicializaramos e que ao concretarse a nosa pretensión supón a retirada desta demanda (sempre que se asine antes do 6 de xullo, data do xuízo). Resulta inaudito que o sindicato CIG, que demandara,  acordara e asinara no acto de mediación esa adecuación, negouse a si mesmo non subscribindo o acordo. É o non polo non, a política de terra queimada en detrimento dos intereses das traballadoras que din representar e que se acabarán beneficiando pola responsabilidade e coherencia de CCOO.
  3. Opoñernos e non asinar a proposta acordada entre as organizacións patronais e o resto de organizacións sindicais de incrementar en 10 € mensuais as retribucións das educadoras de centros privados de xestión directa desde setembro de 2021. Consideramos que é moi insuficiente e ademais non aborda a posibilidade de ir incrementado no tempo ese diferencial, cun calendario definido tal e como propuxemos desde CCOO. O contrario suporía unha desconsideración para as miles de traballadoras que se mobilizaron contra a firma do  XII Convenio Colectivo.

Desde CCOO seguiremos traballando pola dignificación do sector desde tódalas frontes:  xudicialización, mobilización e negociación. Será a partir do mes de setembro, tras a denuncia que realizaremos do  XII Convenio Colectivo, cando se dará o pistoletazo de saída para cambiar as condicións laborais actuais que non son as que merecen as traballadoras do sector.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS