CCOO Ensino quere agradecer o esforzo e dedicación do persoal docente e non docente que fixo posible un curso escolar presencial a pesar da pandemia

Desde a Federación de Ensino de CCOO de Galicia, queremos trasladar o noso máis profundo agradecemento tanto ao profesorado como ao persoal non docente, que propiciaron un curso escolar marcado pola covid e que se puido levar a cabo de xeito presencial con grande esforzo e dedicación por parte de todos os traballadores e traballadoras.

Publicado o 22 de xuño de 2021

Tamén queremos facer mención do comportamento exemplar das familias e alumnado que asumiron todas as instrucións de hixiene, uso de máscaras, distancia, etc. sen as que sería imposible manter a presencialidade durante todo o curso.

Entre todos e todas, conseguiuse levar adiante o traballo escolar presencial, cuestión fundamental para que o alumnado completara o seu proceso de aprendizaxe do mellor xeito posible e paliar, polo menos en parte, esa falta de presencialidade que vivimos co pasado confinamento.

Parabéns a todos e todas en nome da nosa organización.