Plan Recupera: Convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T

Publicado o 14 de xuño de 2021

Plan Recupera: Convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T nos centros docentes públicos para o curso 2021/22

Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura,  Educación e Universidade para o curso 2021/22.

Este programa vai dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica e 1º de bacharelato.

Os centros educativos solicitantes do programa PROA+ deberán acreditar unha porcentaxe mínima dun 30% de alumnado vulnerable no conxunto das etapas de educación infantil (2º ciclo), primaria e/ou secundaria obrigatoria.

- A solicitude de participación en ARCO será aprobada pola dirección do centro e polo consello escolar, de acordo coas súas competencias, e previa información ao claustro e será informada polo Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente a través da aplicación específica de programas educativos.

-  A solicitude de participación no programa PROA+ deberá ser aprobada pola dirección do centro, polo consello escolar, de acordo coas súas competencias, e por un mínimo do 60% do profesorado do claustro, e ser informada polo Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente a través da aplicación específica de programas educativos.

 O prazo de solicitude comezará ao día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal/portal/) e rematará o 15 de xullo de 2021.