Contido, uso e acceso ao expediente do persoal docente funcionario e laboral

ORDE do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

O persoal incluído no ámbito de aplicación desta orde poderá acceder ao seu expediente persoal no enderezo www.edu.xunta.gal/datospersoais para a súa consulta, modificación, actualización, así como para todos aqueles trámites que sexa preciso realizar para a participación nos procedementos administrativos que se determine.

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

As solicitudes tamén se poderán cubrir na páxina web http://www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O persoal docente poderá presentar, durante todo o ano, as solicitudes de actualización e/ou modificación do expediente persoal, relativas unicamente ás actividades de formación susceptibles de ser recoñecidas e certificadas consonte o establecido na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regulan a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia, agás nos períodos establecidos en cada curso académico para o prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados ou concursos específicos, en que unicamente será o persoal docente concursante o que poderá solicitar a actualización e/ou modificación de calquera categoría de datos do expediente.

Disposición adicional terceira. Prazo extraordinario para o persoal docente dependente doutra Administración educativa que obtén praza no concurso xeral de traslados na Comunidade Autónoma de Galicia

O persoal docente dependente doutra Administración educativa que obtén praza no concurso xeral de traslados na Comunidade Autónoma de Galicia poderá solicitar a actualización do expediente persoal no prazo extraordinario que se publicará na portal da consellería competente en materia de educación www.edu.xunta.gal nos cursos académicos en que o concurso xeral de traslados sexa a nivel estatal.