Actualización da oferta de formación profesional (FP)

Actualización da información da oferta de formación profesional do sistema educativo de Galicia en ensinanzas sostidas con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para as persoas adultas.

Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

Nas seguintes ligazóns podes atopar para o curso 2021/2022 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, en ensinanzas sostidas con fondos públicos.

Nota: O número de prazas ofertadas por ciclo formativo podería sufrir algunha modificación.

– Oferta FP para o curso 21/22

– Normativa de oferta de FP

– Proceso e o calendario de admisión en http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral