A sentenza contra Kidsco Balance, un recoñecemento aos intereses das traballadoras

O pasado 8 de xuño, a Audiencia Nacional, logo da demanda interposta por CCOO, ditaba sentenza contra a empresa Kidsco Balance ante a nosa pretensión de que se recoñecese que as táboas de aplicación ao persoal que presta servizos nos centros de traballo de educación infantil do Ministerio de Defensa son as de xestión indirecta. A sentenza non deixa lugar a dúbidas:

«Estimar a demanda de conflito colectivo formulada por Federación de Ensino de Comisións Obreiras, fronte a Kidsco Balance, S. L., recoñecéndose o dereito do persoal que presta servizos contratado pola demandada nos centros de traballo correspondentes aos centros de educación infantil do Ministerio de Defensa, a que se lles retribúa de conformidade cos importes e conceptos sinalados nas “Táboas desde 01/09/2020 ata 31/08/21” do Apartado A do “Anexo II Táboas salariais Centros de Educación infantil de xestión indirecta” do XII Convenio Colectivo de Ámbito Estatal de Centros de Asistencia e Educación Infantil, condenándose á demandada á súa aplicación e efectivo pagamento, con aboamento igualmente das diferenzas salariais xeradas, incrementadas co xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos Traballadores».

Unha vez máis, CCOO mostra con feitos a defensa dos intereses das traballadoras do sector. Non desfaleceremos no noso empeño de conseguir inverter a situación de precariedade laboral á que nos levou, por unha banda, o asinamento do XII Convenio Colectivo e, por outro, as actuacións indignas de empresas como Kidsco Balance.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS