XI convenio colectivo de centros de ensino privado de réxime xeral ou ensino regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado

Publicado o 10 de xuño de 2021

Tras a denuncia do X Convenio Colectivo realizada en solitario por CCOO a finais de 2020, o pasado 8 de xuño constituíuse a mesa negociadora do XI Convenio.

A representación sindical quedou configurada da seguinte maneira:

USO    27,78 %

CCOO    24,68 %

FSIE    24,29 %

UXT    23,25 %

O obxecto da nosa denuncia era evitar que a inacción doutras organizacións sindicais nos levase a un escenario de conxelación salarial. Desta forma, obrigamos a todas as partes a sentar e negociar, entre outras cuestións, os incrementos salariais para 2021. A intención de CCOO é pechar un convenio no que queden establecidas as táboas salariais para todos os seus anos de vixencia.

Así mesmo, cabe lembrar que o Tribunal Supremo, como resultado da demanda interposta por CCOO, ampliou recentemente os supostos de nulidade do artigo 17 fixados no seu momento pola Audiencia Nacional, cuestión que trasladaremos ao texto do XI Convenio Colectivo. Deste xeito, o contrato de obra e servizo non se poderá utilizar nos seguintes supostos: impartir materias «non incluídas nos novos plans», impartir actividades extraescolares e vixilancia de roteiro escolar e/ou comedor.

A vindeira reunión quedou fixada para o próximo 28 de xuño e será a partir dese momento cando se aborden aquelas cuestións prioritarias desta negociación.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS